Circe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
== Circe descrito por Homero ==
No gran poema épico da [[Odisea]], escrita polo grego [[Homero]], Circe encóntrase coa tripulación da nave do protagonista, [[Ulises]] cando desembarcan na illa de Eea. Vive nunha espléndida casa no centro, e está rodeada por animais salvaxes que non se comportan como tal, como leóns e lobos que ela mantén drogados para convertelos en animais domésticos.<ref>{{Cita libro|apelido=Homero|título=Odisea|páxinas=10, 212}}</ref> Ó ver os estraños, Circe deixa de lado o seu tear e convídaos para unha comida. A comida consiste nunha comida típica grega: carne de cocido con queixo, acompañado de mel e viño. Os convidados son conscientes de que nas copas, ademais de viño, Circe puxo un das súas brebaxesbeberaxes máxicas e cando a beben acaban transformándose en porcos. Só Euríloco se salva, porque sospeitaba das intencións de Circe, e non bebera do seu vaso. Euríloco marcha disimuladamente a buscar a axuda de Ulises e uns poucos homes, que quedaran vixiando o barco. Todos xuntos, cruzan a illa para rescatar ós seus compañeiros. Polo camiño son interceptados por [[Hermes]], enviado por [[Zeus|Zeus,]] que os aconsella sobre como tratar coa bruxa. Dilles que hai unha planta de nome μῶλυ ''(moly)'', que serve como antídoto dos seus feitizos. Tamén lle aconsella que quite a espada e que se Circe o convida a compartir a súa cama, que sexa moi coidadoso ou podería perder a súa masculinidade.
Cando Ulises visita a Circe, seguiu tódolos consellos mais non lle foi fácil librarse dos encantos da bruxa e queda na illa durante un ano. Antes de marchar, Circe, que coñece moi ben o mar, proponlle dúas rutas para regresar a [[Ítaca]]: Navegan cara as illas marabillosas Planctae, ou cruzando o [[Estreito de Messina]] enfrontándose ó remuíño de nome [[Caribdis]].<ref>{{Cita libro|apelido=Homero|título=Odisea|páxinas=10, 475-541}}</ref><ref>{{Harvnb|Michael Gibson|pp=148-149}}</ref>