Diferenzas entre revisións de «Bruxaría»

sen resumo de edición
 
=== A Antigüidade clásica ===
[[Ficheiro:Circe_Offering_the_Cup_to_Odysseus.jpg|miniatura|Circe ofrecendo unha brebaxebeberaxe a [[Ulises]], por [[John William Waterhouse|J. W. Waterhouse]].]]
Nas antigas [[Grecia antiga|Grecia]] e [[Roma antiga|Roma]], estaba estendida a crenza na maxia. Porén, existía unha clara distinción entre distintos tipos de maxia segundo a súa intención. A maxia benéfica a miúdo realizábase publicamente, era considerada necesaria e mesmo existían funcionarios estatais, como os augures romanos, encargados desta actividade. En troques, a maxia realizada con fins maléficos era perseguida.
Atribuíase xeralmente a maxia maléfica a feiticeiras (en latín ''maleficae''), das que hai numerosas mencións en numerosos autores clásicos.
232.517

edicións