Diferenzas entre revisións de «Bruxaría»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Francisco_de_Goya_y_Lucientes_-_Witches_Sabbath_-_Google_Art_Project.jpg|miniatura|357x357px|''O aquelarre'', de [[Francisco de Goya]].]]
'''Bruxaría'''<ref>{{DRAG|bruxaría}}</ref> é o grupo de crenzas, coñecementos prácticos e actividades atribuídos a certas persoas chamadas [[meiga]]<nowiki/>s (existe tamén a forma masculina, bruxos, aínda que é menos frecuente) que están supostamente dotadas de certas habilidades [[Maxia|máxicas]] que empregan coa finalidade de causar dano.
 
A crenza na bruxaría é común en numerosas culturas dende a máis remota antigüidade, e as interpretacións do fenómeno varían significativamente dunha cultura a outra. No Occidente cristián, a bruxaría relacionouse frecuentemente coa crenza no [[Diabo|Diaño]], especialmente durante a [[Idade Moderna]], en que se desatou en [[Europa]] unha obsesión pola bruxaría que desembocou en numerosos procesos e execucións de meigas (o que se denomina «[[caza de bruxas]]»). Algunhas teorías relacionan a bruxaría europea con antigas relixións pagás da [[fertilidade]], aínda que ningunha delas puido ser demostrada. As meigas teñen unha gran importancia no [[folclore]] de moitas [[Cultura|culturas]], e forman parte da [[cultura popular]].
232.517

edicións