Bruxaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
=== A Antigüidade clásica ===
[[Ficheiro:Circe_Offering_the_Cup_to_Odysseus.jpg|miniatura|Circe ofrecendo unha brebaxe a [[Ulises]], por [[John William Waterhouse|J. W. Waterhouse]].]]
Nas antigas [[Grecia antiga|Grecia]] e [[Roma antiga|Roma]], estaba estendida a crenza na maxia. Porén, existía unha clara distinción entre distintos tipos de maxia segundo a súa intención. A maxia benéfica a miúdo realizábase publicamente, era considerada necesaria e mesmo existían funcionarios estatais, como os augures romanos, encargados desta actividade. En troques, a maxia realizada con fins maléficos era perseguida.<ref group="lower-alpha">La prohibición de la magia antisocial se encuentra ya en la ''Tábula VIII de la ''[//es.wikipedia.org/wiki/Ley_de_las_XII_Tablas Ley de las XII Tablas]''. ''</ref>
Atribuíase xeralmente a maxia maléfica a feiticeiras (en latín ''maleficae''), das que hai numerosas mencións en numerosos autores clásicos.
 
Segundo os textos clásicos, críase destas feiticeiras que tiñan a capacidade de transformarse en animais, que podían voar de noite e que practicaban a maxia tanto en proveito propio como por encargo de terceiras persoas. Dedicábanse preferentemente á maxia erótica, aínda que tamén eran capaces de provocar danos tales como [[Doenza|doenzas]] ou [[Tormenta|treboadas.]] Reuníanse de noite, e consideraban como as súas protectoras e invocaban nos seus esconxuros a deusas como [[Hécate]], [[Selene]], [[Diana]] entre outras [[deidade]]<nowiki/>s.
 
Probablemente, as bruxas máis coñecidas da literatura clásica son dous personaxes [[Mitoloxía grega|mitolóxicos]], [[Circe]]<ref>En el Canto X de la ''[//es.wikipedia.org/wiki/Odisea Odisea]'', [//es.wikipedia.org/wiki/Circe Circe] hechiza a los compañeros de [//es.wikipedia.org/wiki/Odiseo Odiseo], transformándolos en cerdos</ref> e [[Medea|Medea.]] As habilidades máxicas de ambas residen sobre todo no seu dominio das apócemas ou filtros máxicos (''phármakon'', en grego). Medea, que se presenta a si [[Medea|mesma]] como adoradora de [[Hécate]], converteuse no arquetipo da feiticería nas literaturas grega e romana.<ref group="lower-alpha">No, por la soberana a la que yo venero por encima de todas y a la que he elegido como cómplice, por Hécate, que habita en las profundidades de mi hogar, ninguno de ellos se reirá de causar dolor a mi corazón.</ref> Hai mencións de bruxas nas obras de [[Teócrito]], [[Horacio]], [[Ovidio]], [[Apuleio]], Lucano e [[Petronio]], entre moitos outros. Estes autores fan especialmente referencia a bruxas que realizan maxia de tipo erótico.
 
Relacionada coa crenza grecorromana nas bruxas está a figura da estirxe, un animal nocturno que é metade paxaro metade ser humano que se alimenta de sangue (e que resulta tamén un precedente da moderna figura do [[vampiro]]).