Caimán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
Os caimáns viven en [[Centroamérica]] e [[Suramérica]] en [[marisma]]s, [[pantano]]s, manglerais, ríos e lagos. Teñen unha pel escamosa con [[osteodermo]]s e unha vida principalmente nocturna.
 
Son de tamaño relativamente pequeno, a maioría das especies miden entre 2 e 2,5 metros de longo de media, cun peso medio entre 6 e 40 kg dependendo das especies, coa excepción do ''[[Melanosuchus niger]]'', que pode crecer ata os 5 m de lonxitude e pesar ata 1 100 kg, polo que é a especie de caimán máis grande do mundo e encóntrase nos ríos de correntes lentas e lagos que rodean a cunca do Amazonas. AsA especie menor é o ''[[Paleosuchus palpebrosus]]'', que crece ata os 1,2 a 1,5 m. Hai seis especies de caimáns que viven nos hábitats húmidos selváticos de América do Sur e Centro.
 
Os caimáns distínguense dos aligátores, os seus parentes máis próximos, por unhas poucas características: a carencia de septo óseo entre as ventas dos fociños, teren unha armadura ventral composta por escudos óseos solapados formados por dúas partes unidas por unha sutura, e teren dentes relativamente máis longos e máis delgados que os dos aligátores. Os remaches de calcio das súas [[escama]]s fan a súa pel máis rexa que a dos aligátores e crocodilos, polo que a súa pel é menos valiosa para o comercio, aínda que ambas teñen a mesma aparencia, as dos caimáns son menos flexibles.<ref>{{Cite news|url=http://www.panamleathers.com/blog/bid/345632/comparing-exotic-leathers-american-alligator-vs-caiman-skins|title=Comparing Exotic Leathers: American Alligator vs. Caiman Skins|last=Mendal|first=Abram|access-date=2016-12-04}}</ref> Coñécense varias formas extintas, como ''[[Purussaurus]]'', un xénero xigante do [[Mioceno]] que medraba ata os 12&nbsp;m e o igualmente grande ''[[Mourasuchus]]'', que tiña un ancho morro parecido ao dun pato.<ref>{{cite journal | doi = 10.2307/3889340 | last1 = Brochu | first1 = C. A. | year = 1999 | title = Phylogenetics, Taxonomy, and Historical Biogeography of Alligatoroidea | jstor = 3889340| journal = Society of Vertebrate Paleontology Memoir | volume = 6 | issue = | pages = 9–100 }}</ref>