Evolución humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-cretácico +cretáceo); cambios estética
Liña 7:
O estudo de dito proceso require unha análise interdisciplinar na que se sumen coñecementos procedentes de ciencias como a [[xenética]], [[embrioloxía]], a [[antropoloxía|antropoloxía física]], a [[paleontoloxía]], a [[estratigrafía]], a [[xeocronoloxía]], a [[arqueoloxía]] e mesmo a [[lingüística]].
 
Os estudos xenéticos mostran que os [[primate]]s diverxeron doutros [[mamífero]]s arredor de hai 85 millóns de anos no [[cretácicocretáceo]] tardio e que os primeiros fósiles recollidos aparecen no [[Paleoceno]], hai 55 millóns de anos<ref>[http://www.pbs.org/wgbh/nova/evolution/meet-your-ancestors.html] "Nova – Meet Your Ancestors". PBS. (en inglés). Último acceso 31-08-2013.</ref>. A familia [[Hominidae]] diverxe dos [[Hylobatidae|xibóns]], hai 15-20 millóns de anos, e aproximadamente hai 14 millóns de anos o fan os [[orangután|Ponginae]] (orangutáns)<ref name="Dawkins2004">Richar Dawkins (2004) A historia dos antecesores.</ref><ref name="timetree">[http://www.timetree.org/ Time Tree]</ref>. O [[bipedismo]] é a principal adaptación da liña de homínidos e considérase que o primeiro homínido que foi bípede sería ''[[Sahelanthropus]]'' ou ''[[Orrorin]]'' e xa completamente bípede sería ''[[Ardipithecus]]''. Os [[gorila]]s e os [[chimpancé]]s diverxeron aproximadamente ao mesmo tempo, hai arredor de 4-6 millóns de anos co que ''Sahelanthropus'' ou ''Orrorin'' serían os nosos últimos antepasados en común con estes. Os primeiros bípedes evolucionarían a [[australopithecino]]s e a continuación ao xénero ''[[Homo]]''.
 
Os primeiros membros documentados do xénero ''Homo'' son os ''[[Homo habilis]]'', que aparecen hai 2,3 millóns de anos, e que sería a primeira especie para a que existen evidencias do uso de ferramentas de pedra. Os cerebros destes primeiros homínidos era dun tamaño aproximadamente igual ao dos chimpancés. Durante os seguintes millóns de anos comezou o proceso de [[encefalización]] e, coa aparición de ''[[Homo erectus]]'' no rexístro fósil, vese que a capacidade cranial dobrou a 850&nbsp;cm<sup>3</sup><ref>.Curtis, Swisher e Lewin. Java man. {{En}}. ISBN 0-349-11473-0</ref>. ''[[Homo erectus]]'' e ''[[Homo ergaster]]'' foron os primeiros homínidos en saír de [[África]] e dispersáronse ao longo de África, [[Asia]] e [[Europa]] entre hai 1,8 e 1,3 millóns de anos. Estímase que foron estas especies as primeiras en usar o lume e ferramentas elaboradas.
Liña 1.087:
* Morgan Allman, John (2003): ''El cerebro en evolución''. Ariel: Barcelona.
* Stix, Gary (2008): "Huellas de un pasado lejano". ''Investigación y Ciencia'', '''384''' (set.): 12-19 (Migracións prehistóricas).
* Stringer, Chris (2011): ''The Origin of Our Species''. Allen Lane. ISBN 978-1-84684614-14140140-9
* Stringer, Chris & Andrews, Peter (2005): ''The Complete World of Human Evolution''. Thames & Hudson. ISBN 0-500-05132-1
* Stringer, Chris & McKie, Robin (1996): ''African Exodus: The Origins of Modern Humanity''. Jonathan Cape. ISBN 0-224-03771-4