Cefalópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
m Bot: Substitución automática de texto (-cretácico +cretáceo); cambios estética
Liña 21:
A dos '''cefalópodos''' (''Cephalopoda'') é unha [[clase (bioloxía)|clase]] de [[invertebrados]] [[bilaterais]], [[mar]]iños, do [[filo]] dos [[moluscos]].<ref>[http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=1901628 '''cefalópodos'''] do dicionario da [[RAG]].</ref><ref>[http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=11707 ''Cephalopoda''] no [[WoRMS]].</ref>
 
A súa característica máis rechamante é qjue o seu corpo está constituído por unha cabeza prominente e un conxunto de brazos ou tentáculos, que son modificacións do pé de moluscos primitivos.
 
Actualmente existen entre 700 e 800 [[especie (bioloxía)|especies]] de cefalópodos,<ref name=tre>[http://tolweb.org/Cephalopoda/19386/2008.04.21 Young, Richard E., Michael Vecchione e Katharina M. Mangold (1922-2003) (2008)] ''Cephalopoda'' Cuvier, 1797. Octopods, squids, nautiluses, etc. Versión 21 de abril de 2008. En ''The Tree of Life Web Project''</ref><ref>[http://www.cephbase.utmb.edu/spdb/allsp.cfm Cephabase]</ref> todas elas pertencentes á subclase dos [[coleoideos]], a excepción dos náutilos, que pertencen á subclase dos [[nautiloideos]], e que reciben os nomes comúns de [[polbo]]s, [[lura]]s, [[pota]]s, [[xiba]]s (chamadas tamén '''chocos''' nalgunhas zonas de [[Galicia]]) e [[náutilo]]s, aínda que o seu número se incrementa cada ano, quedando seguramentea algunhas especies vivas por descubrir. Estímase que o número de especies extintas rolda as 11 000.<ref>Wilbur, Karl M., Clarke, M.R. e Trueman, E. R. eds. (1985): ''The Mollusca'', 12. Paleontology and neontology of Cephalopods. New York: Academic Press. ISBN 0-12-728702-7.</ref>
Liña 36:
 
=== Pé ===
Nos cefalópodos o [[pé (moluscos)|pé]] característico dos moluscos aparece xunto á cabeza (de aí o nome), e está diversificado en varios [[tentáculo]]s provistos de '''ventosas''', en número que varía desde 8 nos [[octópodos|polbos]] até os 90 que poden ter os [[náutilo]]s (nestes, no existen [[ventosa (zooloxía)|ventosas]] nos [[tentáculo]]s).
 
Algúns dos tentáculos (nos coleoideos) modificáronse para formaren estruturas [[reprodución|reprodutivas]] chamadas espádices, que cumpren o rol de introducir [[espermatóforo]]s (sacos cheos de [[esperma]]) na [[cavidade paleal]] da femia. Estes tentáculos denomínanse hectocotilos.
Liña 87:
 
=== Descrición ===
A clase dos cefalópodos foi descrita por primeira en vez en [[1797]] polo [[naturalista]] [[Francia|francés]] [[Georges Cuvier]], no seu traballo "Second Mémoire sur l'organisation et les rapports des animaux à sang blanc, dans lequel on traite de la structure des Mollusques et de leur division en ordre, lu à la société d'Histoire Naturelle de Paris, le 11 prairial an troisième",<ref>O 30 de maio de 1795.</ref> publicado no ''Magazin Encyclopédique'', ou ''Journal des Sciences, des Lettres et des Arts'', 1795 [1. année] 2: 433-449. ( [http://www.biodiversitylibrary.org/page/6736775#page/455/mode/1up Ler en liña]).
 
=== Etimoloxía ===
o nome do [[latín|latín científico]] ''Cephalopoda'' deriva do neoloxismo grego κεφαλόποδα ''kephalópoda'' (substantivo plural), tirado dos termos do [[lingua grega|grego antigo]] κεφαλή ''kephalé'', 'cabeza' e ποδός ''podós'', 'pé'; literalmente, 'os que teñen os pés na cabeza').
 
=== Clasificación ===
Liña 149:
Os descendentes con cunchas máis pequenas podían baixar máis e ter máis posibilidades de alimentarse, polo que a selección natural fixo que quedaran aqueles con cuncha pequena, chegando esta a facerse interna ou desaparecer. Aproximadamente hai 470 millóns de anos [[ordovícico|ordovícico medio]]) xa había coleoideos, xunto a unha gran gama de cefalópodos extinguidos na actualidade.
 
Segundo a teoría do [[meteorito]] caído na [[península de Iucatán]] hai 65 millóns de anos ([[cretácicocretáceo|cretácicocretáceo superior]]), nese tempo a Terra sufriu graves cambios climáticos que ocasionaron [[extinción en masa|extincións masivas]], como a dos [[dinosauros]].
 
Dito meteorito tamén puido ser o causante da extinción da maior parte dos cefalópodos, como as [[amonita]]s. Tan só sobreviviron os coleoideos e algúns nautiloideos. Por iso se di que os cefalópodos actuais proveñen dunha auténtica liñaxe de superviventes. Aínda que agora sexan alimento básico de miles de especies, no seu momento estiveron no máis alto das [[cadea trófica|cadeas tróficas]] mariñas.