Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-cretácico +cretáceo)
== Ecoloxía e Evolución das magnoliófitas ==
[[Ficheiro:Radiacion-traqueofitas.gif|miniatura|dereita|400px|<center>''' Rexistro fósil de aparición das diferentes clados de plantas vasculares. ''' <small> Nótese a intensa radiación das magnoliófitas en comparación cos fieitos e ximnospermas. Debuxado e traducido a partir de Willis y McElwain (2002).</small></center>]]
Nunha carta que lle escribiu a un amigo, Charles Darwin referiuse á aparición repentina das magnoliófitas como un "abominable misterio". Nos rexistros fósiles máis antigos, as primeiras [[plantas vasculares]] datan de hai 400 millóns de anos. Despois no [[devónico]] e no [[carbonífero]] predominaron as lycophytas, sphenophytas e proximnospermas, que foron dominantes até hai uns 300 millóns de anos. As primeiras plantas con semente apareceron no Devónico tardío, e iso levou á típica flora do [[mesozoico]] dominada por ximnospermas. Os fósiles máis antigos de magnoliófitas atopados até data de hoxe datan aproximadamente de hai 140 millóns de anos (principios do [[cretácicocretáceo]]), e o número de especies atopado aumenta de xeito rechamante co tempo xeolóxico, en comparación a outras plantas non magnoliófitas. Diversificáronse axiña desde hai uns 100 millóns de anos, chegando a dominar os [[bioma]]s da Terra salvo rexións polares hai uns 65-75 millón de anos, dominancia que se mantén até data de hoxe. Para esa época xa existía a maior parte das familias de magnoliófitas que coñecemos hoxe en día, e incluso algúns dos xéneros actuais.
 
Até a data de edición deste artigo, manéxase que as primeiras magnoliófitas eran pequenas plantas adaptadas a vivir na escuridade, en lugares perturbados e probablemente tamén húmidos (Feild, Arens e Dawson 2003<ref name="Feild Arens y Dawson 2003">Taylor S. Feild, Nan Crystal Arens, y Todd E. Dawson. 2003. "The Ancestral Ecology of Angiosperms: emerging perspectives from extant basal lineages". ''Int. J. Plant Sci.'' 164 (3 Suppl.):S129-S142. (resumo [http://www.journals.uchicago.edu/cgi-bin/resolve?id=doi:10.1086/374193&erFrom=708468970278913014Guest aquí] )</ref>), hipótese chamada en inglés "the dark and disturbed hypotesis". As evidencias proveñen da análise das "magnoliófitas basais" actuais. Con respecto á evidencia no rexistro fósil, Willis y McElwain sinalan que os froitos fósiles máis antigos atopados (pertencentes a partes de follas, flores, froitos e pole das pólas ceratophyllais, xuglandais e ranunculídeos, (entre outros) posúen sementes dabondo pequenas como para supoñer que as primeiras magnoliófitas se dispersaban e colonizaban os ambientes a través do que en ecoloxía se coñece como "[[estratexia r]]", a estratexia dos primeiros colonizadores dos ambientes perturbados (Willis e McElwain 2002). Hai que ter en conta que para facer esta análise, Feild, Arens e Dawson asumiron as Chlorantaceae como unha familia de magnoliófitas basais, e incluíronas na súa análise, porén a localización de Chlorantaceae na árbore filoxenética aínda non recibe consenso (Qiu ''et al.'' 2005<ref name="Qiu et al. 2005" />).
'''2.3.- A hipótese da coevolución entre as magnoliófitas e os insectos'''
 
A hipótese sinala que as flores do cretácicocretáceo tiñan caracteres que se ligan á [[polinización]] [[zoofilia (botánica)|zoófila]], como estames con anteras curtas e pouca produción de pole, e grans de pole cubertos cun material "pollenkitt-like" (que os liga ó corpo dos insectos que os visitan). Tamén sinalan que o pole atopado foi de maior tamaño que o que é efectivamente dispersado polo vento. Ademais, aparentemente as primeiras magnoliófitas xa tiñan signos de seren autoincompatibles, o cal non permitiría a autofecundación. Todas estas características suxiren que xa as primeiras magnoliófitas eran polinizadas por [[insecto]]s. As vantaxes adaptativas da polinización por insectos son: a posibilidade de intercambio xenético entre individuos moi afastados e en poboacións moi pequenas. Isto faina unha hipótese moi atractiva, mais os rexistros fósiles son ambiguos. Aparentemente os aparatos bucais dos insectos e as especies de magnoliófitas diversificáronse aproximadamente na mesma época, mais as análises non amosan unha relación moi significativa: os dípteros (moscas), os coleópteros (escaravellos) e os primeiros himenópteros (avespas) xurdiron antes que as primeiras magnoliófitas, algúns himenópteros e os lepidópteros (bolboretas) xurdiron máis ou menos na mesma época que as magnoliófitas, e outras especies de [[Hymenoptera|himenópteros]], incluíndo Apioideae (abellas), apareceron hai 100 millóns de anos, polo que son máis recentes que as magnoliófitas. Por outro lado, hai cada vez máis evidencias de que os "[[polinizador]]es avanzados" (avespas, abellas e moscas) xogaron un rol importante na evolución e radiación de certos grupos de magnoliófitas, mais a evolución das magnoliófitas como grupo non pode ser explicada pola súa coevolución cos insectos exclusivamente.
 
'''2.4.- Altas taxas intrínsecas de especiación'''
Unha explicación alternativa propón que as magnoliófitas simplemente teñen taxas altas de mutación, o que xera unha cantidade importante de plantas adaptadas a diferentes condicións ambientais, o que promove a súa especiación por selección natural.
 
=== As magnoliófitas do cretácicocretáceo tardío como reflexo da flora actual ===
 
Unha parte significativa da flora actual tanto do Hemisferio Norte coma do Hemisferio Sur, apareceu por primeira vez a finais do cretácicocretáceo (hai 100-65 millóns de anos), incluíndo a familias coma Ulmaceae (hai rexistros fósiles do xénero ''Ulmus''), Betulaceae, Juglandaceae, Fagaceae (especialmente ''Nothofagus'') e Gunneraceae. A maior parte das árbores aparecidas nesta época, hoxe en día teñen unha distribución que é principalmente tropical ou subtropical. É interesante notar que a maior parte das magnoliófitas actuais son basicamente tropicais nos seus requirimentos, con aproximadamente a metade de todas as familias de magnoliófitas confinadas a rexións tropicais, e uns tres cuartos das familias chegando a óptimos de crecemento en ambientes tropicais. Polo tanto, aínda que algunhas delas sexan consideradas como de hábitats temperados do hemisferio norte ou do hemisferio sur, probablemente aínda teñan moitas das características que lles permitiron sobrevivir no ambiente onde xurdiron.
 
== Notas ==
381.175

edicións