Aves mariñas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios
m Bot: Substitución automática de texto (-Cretácico +Cretáceo)
Liña 1:
[[Ficheiro:Black-browed albatross.jpg|miniatura|250px|dereita|[[Albatros]] planeando sobre o océano.]]
 
As '''aves mariñas''' son aves que se atopan durante a maior parte da súa vida no mar ou nas súas proximidades, exceptuando quizais a época de [[reprodución]], na cal se sitúan na costa. As aves mariñas amosan unha gran variedade de comportamentos e adaptacións [[ecoloxía|ecolóxicas]] e [[fisioloxía|fisiolóxicas]], aínda que en moitos casos amosan características [[converxencia (bioloxía)|converxentes]] dada a semellancia dos [[nicho ecolóxico|nichos]] ocupados. Os primeiros paxaros do mar apareceron no [[CretácicoCretáceo]], e familias de aves modernas emerxeron no [[Paleóxeno]].
 
As aves mariñas adoitan ser lonxevas. A maioría das especies aniñan en colonias, que poden variar en tamaño dunhas ducias de aves a moitos millóns. Moitas aves mariñas realizan longas migracións anuais, cruzando o ecuador ou navegando ao redor da terra. Alimentanse tanto na superficie do océano coma nas profundidades. Poden ser peláxicos, costeiros, ou nalgúns casos pasar parte do ano totalmente lonxe do mar.