Abrir o menú principal

Cambios

A principios de xullo de [[1936]] participou nas celebracións pola aprobación do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Trala [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] e a [[Revolución Española]], ''La Vanguardia'' foi tomada por un comité obreiro, pasando a ser nomeada directora do diario, cargo que ocupou durante toda a [[Guerra civil española|guerra civil]], substituíndo a ''[[Gaziel]]''. Durante o conflito bélico colaborou no guión da película documental ''[[L'Espoir]]'' (ou ''Sierra de Teruel''), dirixida por [[André Malraux]] con fins propagandísticas en [[1939]].
 
Trala guerra, todos os redactores de ''La Vanguardia'' foron cesados e pendentes de xuízo. Retiróuselles o [[pasaporte]] e foron inhabilitados como periodistas. En [[1940]], acusada de ser a directora do diario durante a guerra e de pertenza ao [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], María Luz Morales foi encarcerada nun [[convento]] barcelonés. Durante ese período, do cal sempre rexeitou falar, continuou escribindo, baixo os pseudónimos de '''''Ariel''''' e '''''Jorge Marineda'''''.
 
En [[1948]] entrou a colaborar, como crítica teatral, no ''[[Diario de Barcelona]]'', e aos poucos foi recuperando a actividade literaria, ademais de traballar na [[Editorial Salvat]] e colaborar na revista ''[[Lecturas]]''. Como recoñecemento ao seu traballo, en [[1956]] o goberno francés concedeulle a [[Orde das Palmas Académicas]], e en marzo de [[1963]] foille entregado o [[Premio Nacional de Teatro]] [[1962]].<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1963/03/03/111.html Hemeroteca] do ''ABC'', 3 de marzo de 1963 {{es}}.</ref> En [[1958]] a súa novela ''[[El amor empieza en sábado]]'' foi levada ao cine dirixida por [[Victorio Aguado Candela]].
174.282

edicións