Illa de Providencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 76:
Os [[mangleiro]]s son árbores de diferentes especies que se adaptaron a vivir en zonas costeiras con influencia mariña e xogan un papel importante como lugares de reprodución e cría de numerosas especies de peixes, crustáceos e moluscos. En Providencia abundan as seguintes especies de mangleiros: ''Rhizophora brevistyla'', ''Laguncularia racemosa'' e ''Pelliciera rhizophorae''.
 
En Providencia a vexetación dominante é o bosque seco tropical, onde abunda o Cock-spur ''(Acacia collinsii e acacia cornigera)'', o chaparro ''([[Byrsonima crassifolia]])'', o resbalamano ''([[Bursera simaruba]])'' e a oliveira ''([[Capparis]])'', ademais de contar con algunhas árbores de mango. Tamén se encontran diversas palmas, entre elas a pactá ''([[Coccothrinax]] jamaicensis )'', endémica da zona.
 
Nos caios predominan as palmeiras cocoteiras, [[ficus]] e as matogueiras de icaco, que serven de niño para as aves [[Fregata magnificens|fragata]]. A vexetación mariña ao redor dos caios é variada, e conta con tres especies de algas e dúas de pastos mariños.