Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
 
<!--Función/Fisioloxía-->
O corazón bombea o sangue cun ritmo determinado por un grupo de células marcapaso no [[nó sinoauricular]]. Estas xeran unha corrente que provoca contracción do corazón, viaxando a través do [[nó auriculoventricular]] e ao longo do [[sistema de condución cardíaco]]. O corazón recibe sangue con baixa concentración de osíxeno desde o [[aparato circulatorio]], que entra na aurícula dereita polas [[veas cavas]] [[Vea cava superior|superior]] e [[Vea cava inferior|inferior]] e pasa ao ventrículo dereito. A partir de aquí, é bombeado cara á [[circulación pulmonar]], a través dos [[pulmón]]s, onde recibe o osíxeno e libera o dióxido de carbono. O sangue osixenado despois volve á aurícula esquerda, pasa a través do ventrículo esquerdo e é bombeado para fóra a través da [[aorta]] ao sistema circulatorio, onde o osíxeno é utilizado e [[metabolismo|metabolizado]] a [[dióxido de carbono]].{{sfn|Guyton & Hall|2011|pp=101, 157}} O corazón bate cunha [[frecuencia cardíaca]] de repouso de preto de 72 latexos por minuto.{{sfn|Guyton & Hall|2011|pp=105–07}} O [[exercicio físico]] aumenta temporalmente a frecuencia, pero diminúe a [[frecuencia cardíaca de repouso]] a longo prazo e é bo para a saúde do corazón.{{sfn|Guyton & Hall|2011|pp=1039–41}}
 
<!--Importancia clínica-->
657

edicións