Grupo Local: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazóns
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 18:
Tense observado que Andrómeda e a nosa galaxia se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha [[colisión Vía Láctea-Andrómeda|colisión]] entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente [[galaxia elíptica|elíptica]]. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.
 
Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no [[cúmulo de Virgo]], aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do universoUniverso impedirá que estoisto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun [[supercúmulo]] moito maior, o [[Supercúmulo de Virgo]]. Así pois, o noso grupo atopase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal nos aproximamos.
 
== Galaxias do Grupo Local ==