Estacións do ano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Movemento anual: arranxiños
Liña 17:
== Movemento anual ==
{{Artigo principal|Movemento anual}}
En realidade o plano da eclíptica no cal se move aparentemente o sol forma un ángulo de 23º26' co plano do ecuador. Por conseguinte este astro só pode acharse no [[cénit]] dun observador ecuatorial cando pasa pola intersección de ambos planos, liña dos equinoccios, o cal ocorre sobre o 20 ó 21 de marzo cando o Sol pasa do hemisferio sur ó norte, e o 22 ó 23 de setembro cando pasa do norte ó sur. Entre eses dos momentos, o día 22 ó 23 de xuño o Sol acada no hemisferio boreal a súa máxima declinación (distancia angular ó ecuador) o que ocorre para o hemisferio sur o 21 óou 22 de decembro.
 
O día que o Sol cruza o ecuador, o movemento de rotación da Terra lle fai describir aparentemente unha traxectoria ecuatorial, estando 12 h. por arriba do horizonte e 12 por debaixo en calquera latitude. Se é Marzomarzo a partir desa data o sol culmina máis alto nos lugares do hemisferio norte e cada vez mas baixo sobre o hemisferio sur. Os días alónganse no norte e acurtanacurtanse no sur. Por se fose pouco os raios solares caen cada vez máis perpendiculares no norte e máis rasantes no sur. A consecuencia deste proceso é un quentamento primaveral do norte e un arrefriamento outonal do sur o cal prosegue ata o 22 de xuño. Nesta data o Sol pasa polo solsticio de verán e iníciase no Nortenorte esa estación mentres no Sursur comeza o inverno.
 
O sol ese día acada no hemisferio norte a súa máxima altura sobre o horizonte atinxindo ó mediodía o cénit no Trópico de Cáncer, é dicir o paralelo 23º27'N. Tódalas rexións situadas a latitude maior ca 66º33'N (correspondentes ó círculo polar Ártico) reciben permanentemente a luz do Sol. No resto do hemisferio os días son os máis longos e as noites as máis curtas. No hemisferio austral polo contrario a situación é totalmente a contraria , é inverno, os días curtos e as noites longas, no círculo polar Antártico é noite permanente.
 
A partir desa data , a declinación solar diminúe e en consecuencia o sol culmina cada vez a menor altura no Nortenorte e a maior altura no Sursur. O 22, 23 de Setembrosetembro o sol volve a estar no Ecuador e os días e as noites duran igual nos dos hemisferios. As temperaturas no norte foron baixando e subindo no sur. Ó chegar o 21 de decembro entra o inverno no hemisferio boreal e o verán no austral producíndose a situación inversa á do 21 de xuño.
Por último chégase ó 21 marzo onde comeza de novo o ciclo anual.