Porta de Brandeburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
[[Ficheiro:Brandenburg Gate Quadriga.jpg|miniatura|[[Cuadriga]] ornamental na Porta de Brandemburgo, [[Berlín]].]]
 
A porta de [[Brandeburgo]], obra do arquitecto [[Carl Gotthard Langhans]], é unha construción en [[Arenita|pedra arenita]] de 26 m de alto, 65,5 m de ancho e 11 m de longo pertencente ao [[Neoclasicismo]] cedo. A porta lembra aos [[Propileos de Atenas|propileos]] da [[Acrópole]] de [[Atenas]]. Posúe cinco zonas de paso, das cales a central é a máis ancha, con dúas portas menores aos lados. As columnas son de estilo [[Arte dórica|dórica]], estriadas, e na súa base acadan un diámetro de 1,75 m. A parte superior e o interior das zonas de paso están recubertos con [[relevo (escultura)|relevos]] que representan a [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], [[Marte (mitoloxíadeus)|Marte]] e á deusa [[Minerva]]. Despois da derruba da [[muralla]] da cidade ([[1867]]/[[1868|68]]), o discípulo de [[Friedrich Schinkel]], [[Johann Heinrich Strack]], colocou a ambos os dous lados os dous [[pórtico]]s maiores.
 
A porta está coroada cunha escultura de cobre duns 5 m de altura, a [[Cuadriga]], creada por [[Johann Gottfried Schadow]], que representa á deusa da [[Vitoria (mitoloxía)|Vitoria]] montada nun carro tirado por catro cabalos en dirección á cidade.