Éliphas Lévi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas)
Elisardojm (conversa | contribucións)
club
Liña 12:
Os anos seguintes son de dificultades, en parte derivadas da imposibilidade de escribir na prensa a causa do asunto d'''A Biblia da liberdade''. Durante un certo tempo mudou de nome (abbé Beaucourt: abade Beaucourt). Acaba casando cunha rapaza nova, Marie Noémi Cadiot. A instancias da dona comeza a inmiscuírse en política. Un virulento panfleto político ''La Voix de la famine'' (''A voz da fame''), provoca a súa condena a un ano de prisión e 1.000 francos de multa, aínda que só cumpre seis meses.
 
A [[Revolución francesa de 1848|revolución 1848]] outórgalle unha maior liberdade, pasando a dirixir unha revista esquerdista "Le Tribun du peuple" (''O tribuno do pobo''), de curta vida. Co seu amigo Esquiros e Le Gallois funda un clubeclub político, o ''Club de la montagne'' (''ClubeClub da montaña''), composto principalmente de traballadores. Porén a revolución trouxolle decepcións persoais, en parte ao non ver cumpridas as súas expectativas políticas. As súas ideas políticas ficaran plasmadas en ''Le Testament de la liberté'' (1848) (''O testamento da liberdade''). Mentres a súa muller escribe folletíns literarios, co seudónimo Claude Vignon. De xeito que durante certo tempo a parella vive con relativa comodidade, obtendo mercé ás influencias labradas pola dona, encargos artísticos do ministerio do Interior.
 
Ao tempo le sobre a [[Cabala]], e estuda os escritos, especialmente, de autores [[mística|místicos]] e [[esoterismo|esotéricos]]: [[Jacob Boehme]], [[Louis-Claude de Saint-Martin]], [[Emanuel Swedenborg]], [[Antoine Fabre d'Olivet]], Chaho, et Gœrres.