Xaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Control de autoridades
Liña 68:
:'''A gran festa,''' (''[[Eid al-Adha|Eid-ul-Adha]]''), tamén "A festa do sacrificio" (''Kurban Bayram'') - dous meses e 10 días despois da pequena festa. Animais son abatidos para conmemorar o sacrificio de [[Abraham]] dun carneiro en vez do seu fillo Ismael. Aqueles que están aptos a facer a peregrinación a Meca fana inmediatamente antes desta data, na Haxx.
 
:'''[[Achura]]''' - O décimo día do mes de ''[[Muharram]]''. Este é o día en que Deus salvou Moisés e os xudeus do Faraón no Exipto e en que el atravesou o [[Mar Vermello]] (o día do [[Éxodo]]). Dise que o profeta [[Mahoma]] xaxuou xuntamente coas comunidades xudaicas veciñas nesta ocasión, e de acordo con narracións, Mahoma fixo planos para o xexún no 9º e 10º días de Muharram. É tamén o día en que o neto de Mahoma, [[Husayn bin Alí]], foi morto na [[batalla de Karbala]]. Para os musulmáns [[XiismoXiísmo|xiítas]], este é un día de loito. Moitos musulmáns [[Sunnismo|sunnitas]] tamén conmemoran o evento, a pesar de o faceren nunha forma ben menos dramática do que os xiítas. A conmemoración deste día é ollada con desdén polos fundamentalistas (sunnitas).
 
:'''O ano novo musulmán''' - non é xeralmente celebrado como un festivo oficial islámico, a pesar de moitas comunidades teren inventado ou despertado algunha especie de ritual de celebración. Esta celebración é rexeitada polos fundamentalistas.