Tolomeo II Filadelfo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{en tradución}} '''Ptolemeu Filadelfo''' ({{Lang-grc|Πτολεμαῖος Φιλάδελφος|}} ''Ptolemaȋos Philádelphos''; Cos 308 a.C. xaneiro..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2017 ás 02:20

Ptolemeu Filadelfo (grego antigo: Πτολεμαῖος Φιλάδελφος Ptolemaȋos Philádelphos; Cos 308 a.C. xaneiro 246 a.C.) chamado na historiografía moderna Ptolomeu II, foi un faraón exipcio pertencente ao |período Tolemaico, segundo gobernante da dinastía, co-rexente dende 285 a.C. e único monarca dende 282 a.C. ata súa morte.

Despois de suceder o seu pai no trono do Exipto, e ter casado coa súa irmá Arsínoe II, Ptolomeu participou activamente en moitas guerras, intentando ampliar o seu dominio na Anatolia, Siria, Cirenaica e Grecia: loitou na primera guerra siria (274-271 a.C.), na guerra cremonidiana (268-261 a.C.) e na segunda guerra siria (260-253 a.C.), e tamén noutros pequenos conflitos, conseguindo conquistar territorios na Anatolia e obter diversas alianzas coa cidade-estado e as ligas gregas, opóndose ao imperio Seléucida e ao reno da Macedonia. Nos últimos anos procurou facer as paces co seu medio-irmán Magas, rei de Cirene, e reavivar a economía e movementación cultural do seu reino, tras longos períodos de guerra.

Durante o seu reinado, foran promovida varias reformas destinadas a mellorar a economía, intentando dar máis poder á autoridade estatal retirándoo dos centros relixiosos.