Santuario da Nosa Señora do Corpiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ano Santo Jubilar Mariano
Liña 11:
As [[peregrinación]]s de crentes sucédense todo o ano, aínda que alcanzan o seu punto álxido na [[romaría]] celebrada entorno o 23-24 de xuño. Estas congregan a centos de romeiros que buscan un remedio para a súas doenzas, particularmente a xente afectadas de doenzas relacionadas co máis alá, como feitizos, [[meigallo]]s, tolemias ou posesións demoníacas, quizais unha forma de denominar enfermidades mentais ou nerviosas pouco coñecidas. O Corpiño é tamén un dos poucos lugares da península onde aínda se practican [[exorcismo]]s para sacar o [[demo]] ou o meigallo fóra do corpo de fieis “posuídos”. Deste xeito [[relixión]] e [[bruxería]] confúndense nun único espazo coma únicos culpables ou remedios daquelas doenzas ás que a [[medicina]] supostamente non foi capaz de dar solución ou explicación.
 
Durante estas datas do mes de xuño centos de fieis chegan durante a mañá co fin de presentarlle a súas ofrendas a Virxe en forma de [[exvoto]]s de cera, cirios ou mediante cruces ou nomes, que gravan nos paramentos da ermida durante o seu peregrinar o redor do templo, nun intento por deixar un sinal da súa relixiosidade e devoción. Trala [[misa]] dadas unhadoce, os peregrinos arrexúntanse formando unha fila ao redor do templo, para que a figura da Virxe en [[procesión]] sexa levada por riba das súas cabezas. Nese momento os crentes fregan panos contra os [[Pé (anatomía)|pés]] da Virxe co fin de cargalos dalgún tipo de poder curativo ou [[apotropea|apotropaico]], para levalos á casa e protexer aqueles enfermos que polas súas doenzas non puideron acudir á romaría.
 
O santuario do Corpiño constitúe xunto con [[Santo André de Teixido]] e os [[Santuario dos Milagres de Amil|Milagres de Amil]] un dos sitios máis populares deste tipo de crenzas relixiosas.
 
= Ano Santo Jubilar Mariano =
O 24 de xuño do 2017, na misa solemne, a cal asisitiron o Obispo da Diocese de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco e o Vicario D. Mario Vázquez Carballo; fíxose público un gran acontecemento relixioso, a concesión do Ano Santo Jubilar Mariano, o cal rematará o 24 de xuño do 2018 coa Coronación Pontificia concedida pola Penitenciaría Apostólica, por mandato da S.S. o Papa Francisco.
 
Esta concesión carrexa poder conseguir a Indulxencia Plenaria de todos os fieis cristianos que acudan o Santuario e ante a venerada imaxe participen nalgún acto sagrado ou exercicio de piedad mariana, oren e mediten por un tempo ante dita imaxe ao longo de todo o Ano Santo.
 
.
 
== Galería de imaxes ==
Liña 34 ⟶ 41:
 
=== Ligazóns externas ===
* http://www.diocesisdelugo.org/
 
* [http://www.triplov.com/seoane/meigallo.html Nosa Señora do Meigallo (M.A Seoane)]
 
* [http://peregrinos.wordpress.com/leyendas/virgen-de-o-corpino/ Peregrinos, Virxe do Corpiño]
 
* [http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/06/24/corpino/ "Fotos mergulladas na pía do Corpiño"], artigo de [[Manuel Gago Mariño]] no blog ''Capítulo 0'', 24 de xuño de 2007.
 
* [http://www.santuario-corpino.es/ Páxina Oficial do Santuario do Corpiño]
* [http://patrimoniogalego.net/index.php/53536/2013/12/santuario-da-nosa-senora-de-o-corpino/ Ficha do Santuario do Corpiño] en [http://patrimoniogalego.net/ Patrimonio Galego].
 
* [http://patrimoniogalego.net/index.php/53536/2013/12/santuario-da-nosa-senora-de-o-corpino/ Ficha do Santuario do Corpiño] en [http://patrimoniogalego.net/ Patrimonio Galego].
{{Control de autoridades}}