Hannes Kolehmainen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-estonio +estoniano); cambios estética
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
Kolehmainen procedía dunha familia de tradición deportiva (os seus irmáns Willy e Tatu tamén eran corredores de fondo), e converteuse nunha das grandes estrelas dos [[Xogos Olímpicos de 1912]], ao gañar tres medallas de ouro (5.000 m, 10.000 m e cross-country individual) e unha de prata (cross-country por equipos)
 
A súa actuación máis memorábel nestes Xogos foi a súa vitoria nos 5.000 metros, onde mantivo un gran duelo co francés [[Jean Bouin]]. Despois de dominar a maior parte da carreira, Bouin viuse superado por Kolehmainen nos metros finais. O tempo do vencedor foi de 14:36,6 un novo recordrécord do mundo.
 
Por esta época [[Finlandia]] era parte do [[Imperio Ruso]], e aínda participaba nos [[Xogos Olímpicos]] cun equipo propio, nas vitorias dos seus deportistas era a bandeira rusa a que se izaba. Isto fíxolle dicir a Kolehmainen que case desexaba non ter gañado para non ter que ver ondear esa bandeira.
Liña 21:
Tralos Xogos trasladouse aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde residiu ata [[1921]], e participou en numerosas competicións. A súa carreira deportiva sufriu un duro golpe polo estalido da [[Primeira Guerra Mundial]], que fixo que se suspenderan os [[Xogos Olímpicos de 1916]], previstos en [[Berlín]].
 
Trala guerra, nos [[Xogos Olímpicos de 1920]], volveu a conseguir un gran éxito ao vencer na proba de [[Maratón (atletismo)|maratón]], e ademais batendo o recordrécord mundial con 2h32:35. A 2ª posición foi para o estoniano Jury Lossman, que chegou só a 13 segundos, e a 3ª para o italiano Valerio Arri, a case 4 minutos do gañador.
 
Retirouse do atletismo en [[1923]], pero [[Finlandia]] atoparía sucesores da talla de [[Paavo Nurmi]], Wille Ritola o Albin Stenroos, que manterían durante varios anos a hexemonía de [[Finlandia]] nas probas de mediofondo e fondo.