Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 28:
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre [[Arizona Wildcats|Arizona]] e [[Kansas Jayhawks|Kansas]], decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da [[Big 12 Conference]] de maior número de roubos de balón nunha tempada por un ''freshman'', con 89.<ref name="nba">[http://www.nba.com/draft2008/profiles/MarioChalmers.html Mario Chalmers Prospect Profile]</ref> Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio [[Clyde Lovellette]] da Universidade de Kansas xunto con [[Julian Wright]] ao xogador máis mellorado da tempada.<ref name="bio">[http://kuathletics.cstv.com/sports/m-baskbl/mtt/chalmers_mario00.html Mario Chalmers Bio]</ref>
 
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos ''Jayhawks'' de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluidoincluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
 
Na súa tempada juniorjúnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á [[Memphis Tigers|Universidade de Memphis]], na cal tivo unaunha gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.<ref>[http://sports.espn.go.com/ncb/boxscore?gameId=284000063 Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008]</ref> Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os ''Jayhawks'' aos ''Tigers'' por 75-68.<ref>[http://youtube.com/watch?v=fwvDRWznXOM KU - The Shot]</ref> Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.<ref>[http://www.thedraftreview.com/index.php?option=com_content&task=view&id=3828 Ficha de Chalmers en TDR]</ref>
 
=== Estatísticas ===