Diferenzas entre revisións de «Sociobioloxía»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:Plos_wilson.jpg|miniatura|Edward Osborne Wilson.]]
'''Sociobioloxía''' é unha póla da [[bioloxía]] que estuda o comportamento social dos [[animais]], empregando conceptos da [[etoloxía]], [[evolución]], [[socioloxía]] e [[Xenética de poboacións|xenética de poboacións.]]. O termo foi popularizado por [[Edward Osborne Wilson]], no seu libro ''Sociobiology: The New Synthesis'', publicado en [[1975]].
 
Esa disciplina científica propón que comportamentos e sentimentos animais, tamén existentes nos seres humanos, como o altruísmo e a [[Agresión|agresividade]], son en parte derivados da [[xenética]], e non son só culturais ou socialmente adquiridos. Ese tipo de afirmación causou gran controversia no escenario intelectual, e até hoxe divide os investigadores. Porén, boa parte das críticas son interpretacións erróneas da teoría, moi confundida co darwinismo social.
[[Ficheiro:Bienenschaukasten.JPG|miniatura|200x200px|[[Comportamento]] diferenciado por "castas" entre as [[Abella|abellasabella]]s.]]
 
== Entendendo a teoría ==
Como o home é tamén un animal, este non está eximo de ser un obxecto de estudo da sociobioloxía. O dualismo cartesiano, que separa as funcións mentais dos seus elementos corporais, é un obstáculo para o entendemento da sociobioloxía. Conforme defendido pola psicoloxía evolutiva, o cerebro dos humanos tamén sufriu presións selectivas específicas, que o adaptaron a determinadas circunstancias. Antes mesmo da vida en grandes sociedades, o home precisaba comunicarse. Un organismo xeneticamente propenso ó altruísmo, por exemplo, podería ter ganancias maiores se o ambiente fose propicio a iso, conforme demostrou o biólogo [[Robert Trivers|Robert Trivers.]]. Así, sentimentos como a [[compaixón]] serían influenciados por factores xenéticos, e polo tanto deberían ser estudados con base na bioloxía.
 
A sociobiologia non propón o determinismo de calquera forma. A influencia da cultura é diminuída, mais non eliminada. A cultura e os xenes non deben ser vistos como factores antagónicos no comportamento, mais como factores que interactúan, a cultura sendo un factor ambiental que afecta a maneira como serán expresados os xenes que teñan relación co comportamento.
393.002

edicións