Wikipedia:Verificabilidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m -{{Políticas}} redundante con {{NavPolíticas}}
m Bot: Cambios estética
Liña 18:
|}
 
== Cando é necesaria unha fonte ==
{{Axuda de edición}}
=== Material cuestionable ou suxeito a selo ===
Todas as citas textuais e calquera material '''cuestionable ou suxeito a ser cuestionable''' deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha [[Wikipedia:Citar as fontes|referencia]]. A nota ao pé debe identificar a fonte ao completo, así como o lugar dentro da fonte (a páxina, a sección ou calquera outra división segundo sexa axeitado) onde se atopa o material.
 
=== Falta de evidencia ===
A '''obriga de prover fontes acreditadas recae sobre o editor que engade ou recupera o material''', non sobre aqueles que desexan retiralo. Non obstante, ás veces, cómpre valorar o material e o conxunto do artigo e decidir se abonda con marcar a afirmación coa etiqueta {{m|Cómpre referencia}}. É posible que o artigo conteña moi poucas referencias e sexa pouco práctico marcar todos os casos un por un, neste caso pódese incluír o marcador {{m|Sen referencias}} ao comezo do artigo ou dunha sección, segundo cumpra.
 
== Fontes acreditadas ==
{{Atallo|WP:FONTES}}
Cando na Wikipedia se fala dunha "fonte", cómpre ter en mente tres cousas: a obra en si (un documento, artigo, xornal ou libro), o creador da obra (por exemplo, o escritor) e o editor da obra (por exemplo, Oxford University Press). As tres poden afectar á fiabilidade.
Liña 34:
Cando se dispoña delas, cómpre ter en conta que as publicacións académicas e revisadas por expertos son as fontes máis fiables, como en temas históricos, médicos e científicos. Porén, non son as únicas. Tamén é posible empregar fontes non académicas, particularmente se apareceron en publicacións convencionais rigorosas. Outras fontes fiables inclúen os libros de texto de nivel universitario, libros publicados por casas editoriais, revistas e xornais respectados. Así mesmo, os recursos electrónicos son igualmente válidos, suxeitos aos mesmos criterios.
 
=== Blogues de xornais e revistas ===
Moitos xornais e revistas albergan [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|columnas]] nos seus sitios web aos que denominan [[blogue]]s. Estes pódense aceptar como fonte se os escritores son profesionais, pero deben empregarse con precaución porque o blogue pode non estar suxeito ao proceso de comprobación de feitos habitual da publicación. Ao citar unha peza de opinión, hai que atribuír as verbas ao escritor (por exemplo, "Xan Carballo escribiu...").
 
== Fontes que xeralmente non son fiables ==
=== Fontes cuestionables ===
As fontes cuestionables son aquelas cunha mala reputación no control dos feitos, que carecen dunha supervisión editorial significativa ou que aparentemente incorren nun [[Wikipedia:Conflito de intereses|conflito de intereses]]. Entre estas fontes atópanse, entre outras, as páxinas web e publicacións que expresan puntos de vista amplamente considerados por outras fontes como extremistas ou promocionais, ademais daqueloutras que se basean principalmente en ruxerruxes e opinións persoais. Estas fontes cuestionables débense empregar unicamente como [[#Fontes cuestionables ou pulicadas por un mesmo como fontes delas mesmas|fontes para os contidos sobre elas mesmas]], especialmente nos artigos que falan delas. Non son apropiadas para facer afirmacións sobre terceiros.
 
=== Fontes publicadas por un mesmo ===
Calquera pode crear unha [[Páxina web|páxina web persoal]] ou pagar para que lle publiquen un libro, e reivindicar o feito de ser un experto nalgún campo do saber. Por este motivo, as fontes publicadas por un mesmo, como libros, patentes, boletíns de novas, páxinas web persoais, wikis abertos, blogues persoais, publicacións en foros da internet e outras, non se poden aceptar como fontes acreditadas. As fontes publicadas por un mesmo procedentes de expertos pódense considerar acreditadas cando están producidas por un experto establecido na materia do artigo e cuxo traballo '''no campo relevante''' está editado anteriormente en publicacións de terceiros. En '''ningún''' caso se pode botar man de fontes publicadas por un mesmo como fontes de terceiros sobre [[Wikipedia:Biografías de persoas vivas|persoas vivas]], mesmo se o autor é experto, investigador profesional recoñecido ou escritor.
 
=== Fontes cuestionables ou publicadas por un mesmo como fontes delas mesmas ===
As fontes cuestionables e publicadas por un mesmo pódense utilizar como fontes de información '''sobre elas mesmas''', xeralmente nos artigos sobre elas mesmas ou as súas actividades, sen o requisito, no caso das fontes publicadas por un mesmo, de que estean elaboradas por expertos no campo, sempre e cando:
# o material non sexa autocompracente;
Liña 54:
Esta política tamén se aplica a aquelas páxinas nas redes sociais como [[Twitter]], [[Tumblr]] e [[Facebook]].
 
=== A Wikipedia e as fontes que a empregan como referencia ===
Non se poden usar como fontes os demais artigos da Wikipedia ou de sitios web que teñan a Wikipedia como referencia, porque isto equivalería á [[Wikipedia:Evita as autorreferencias|autorreferencia]]. De xeito similar, non se poden utilizar fontes que presentan materiais orixinais ''da'' Wikipedia para apoiar o mesmo material ''na'' Wikipedia, xa que isto crearía unha referencia circular. Porén, citar a Wikipedia para apoiar unha declaración ''descritiva'' sobre a propia Wikipedia non é unha forma de referencia circular. No canto diso, é o uso da Wikipedia como [[fonte primaria]] e debe seguir a [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|política relevante para o uso de fontes primarias]].
 
== Accesibilidade ==
=== Acceso ás fontes ===
A verificabilidade neste contexto significa que os demais deberían ser capaces de comprobar que unha fonte acreditada publicou o material presente nun artigo da Wikipedia. Non obstante, o principio de verificabilidade non implica o fácil acceso á fonte: algunhas fontes en liña poden ser de pagamento, mentres que outras fontes impresas poden estar dispoñibles unicamente nalgunha biblioteca universitaria.
 
=== Fontes non galegas ===
Dado que esta é a Wikipedia en galego, prefírense as fontes escritas en galego fronte ás que non o están, asumindo que existan fontes en galego de igual calidade e relevancia.
* '''Ao citar unha fonte noutra lingua''' sería bo achegar o texto orixinal e unha tradución ao galego, xa sexa no corpo do artigo ou mediante unha nota ao pé.
* '''Ao citar unha fonte non galega de información''' non sempre é necesaria a tradución. Con todo, se existise algunha dúbida sobre a pertinencia do texto orixinal como fonte da información, deberían sinalarse as partes relevantes do orixinal e proporcionar unha tradución nunha nota, como cortesía.<ref name="Cortesía"/>
 
As traducións publicadas por fontes acreditadas prefírense sobre as feitas por wikipedistas; mais as traducións feitas por wikipedistas prefírense sobre as feitas por tradutores automáticos. Ao facer uso dun tradutor automático, os editores deben estar certos de que a tradución é exacta e a fonte axeitada.
 
== Verificabilidade e outros principios ==
=== Dereitos de autoría e plaxio ===
{{VT|Wikipedia:Dereitos de autor}}
Cómpre ter tino para evitar o plaxio e as infraccions dos dereitos de autoría ao utilizar as fontes. A mellor práctica é resumir o material da fonte coas súas propias palabras tanto como sexa posible; ao parafrasear unha fonte empregar unha [[WP:CITAENLIÑA|cita en liña co texto]]; e facer calquera [[WP:RECOÑECEMENTO|recoñecemento no propio texto]] cando sexa oportuno.
Liña 75:
O material que viole os dereitos de autoría de calquera persoa non se debe citar. Ligar cara a sitios web que presenten obras protexidas por dereitos de autoría acéptase só e cando a páxina teña permiso para facelo. O feito de dirixir de xeito consciente a outras persoas ata unha fonte que viole estes dereitos pode considerarse unha infracción dos mesmos. Cando haxa motivo para crer que unha fonte incorre nunha violación dos dereitos de autoría, a mellor opción é absterse de citala como fonte.
 
=== Neutralidade ===
{{VT|Wikipedia:Punto de vista neutral}}
Mesmo cando se cita información de fontes acreditadas, esta debe presentarse de acordo co [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]]. Todos os artigos deben cumprir a política de imparcialidade, o que significa que deben incluír todos os puntos de vista maioritarios e aqueloutros minoritarios que sexan relevantes. Cando haxa desacordos entre as fontes, pódense facer [[WP:RECOÑECEMENTO|recoñecementos no texto]]: "Xan Carballo sostén ''tal'', mentres que Pablo Castiñeira mantén ''non tal''", seguidos dunha cita. As fontes por si mesmas non teñen por que ser neutrais; de feito, moitas fontes acreditadas ''non'' son imparciais. O traballo dos editores é presentar o que estas fontes acreditadas contan.
 
=== Relevancia ===
Por regra xeral, se non existe ningunha fonte acreditada de terceiros que fale dun tema, a Wikipedia non debe ter un artigo sobre iso.
 
=== Traballos orixinais ===
{{VT|Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria}}
A política da Wikipedia de non ofrecer traballos inéditos está amplamente relacionada con esta. Entre os seus requisitos están:
# Todo o material dos artigos da Wikipedia debe poder ''atribuírse'' a unha fonte acreditada e publicada. Isto significa que debe existir unha fonte para eses contidos, estea citada ou non no artigo.
# As fontes deben apoiar directa e claramente o material: a política prohíbe bosquexar inferencias a partir de varias fontes para mostrar unha nova posición.<ref name="Cortesía">Cando existe unha disputa sobre se unha fonte apoia completamente algún anaco do texto, deberían darse citas directas e calquera outro detalle relevante desde a fonte, como xesto de cortesía cara aos outros editores. Sen ben, cómpre ter tino de non violar os dereitos de autoría ao facer tal cousa.</ref>
# Os artigos deben basearse en [[Fonte secundaria|fontes secundarias]]. Malia que as [[Fonte primaria|fontes primarias]] son axeitadas nalgúns casos, [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|depender delas pode ser problemático]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}