Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Toponimia»

m
Bot: Cambios estética
m (Bot: Cambios estética)
Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a [[Wikipedia:Política e normas]].
 
* '''Toponimia de Galicia'''
:Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: [http://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia]
 
:* '''Galicia - Galiza'''
::# Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: [[Concellos de Galicia]], [[Ríos de Galicia]],...
::# No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
::# Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
 
* '''Toponimia de España e doutros países do mundo'''
: Nos títulos das páxinas úsase o nome galego, de o haber. Tamén é a forma por defecto nas categorías e no texto dos artigos. Algunhas referencias xa empregadas: [http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg#http://www.realacademiagalega.org/Volga/? VOLGa], [http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/nomespropios.html Normas da USC], [http://www.v1deputacionlugo.org/media/documentos/Lingua_galega_Dubidas_linguisticas.pdf Normas da UVigo].
: Se non existe nome galego coñecido e referenciado, emprégase como título da páxina o nome oficial do territorio. Se este nome fose escrito noutro alfabeto, empregarase a transliteración máis habitual.
: [[Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos|No pasado empregouse]] a forma galega, cando a había, acompañada da forma ou formas oficiais. Con carácter transitorio, esas formas duplas e triplas poderán aínda existir mentres non se corrixan.
 
* '''Lugares co mesmo nome'''
:Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma doutro dato de localización, exemplo: [[Cartagena]], entre outros pode ser o concello de [[Cartaxena|Cartagena, España]], na [[Rexión de Murcia]], ou o concello de [[Cartagena, Chile]], en Chile.
 
:Outro exemplo é '''Praga''': créase a páxina correspondente a [[Praga]] e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital da [[República Checa]], na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina [[Praga (homónimos)]] onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen '''Praga'''.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos]]
* [[Wikipedia:Exotopónimos]]
* [[Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia]]
* [[Axuda:Homónimos]]
 
{{NavPolíticas}}
 
[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|Toponimia]]
393.002

edicións