Wikipedia:Civismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{PolíticasGalipedia|WP:CIV|votación=Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Civismo|comezo=29/11/2015|fin=29/12/2015}}
m Bot: Cambios estética
Liña 14:
As diferentes opinións son inevitables nos proxectos colaborativos. Ao discutir estas diferenzas algúns editores poden semellar demasiado severos, cando en realidade só intentan ser sinceros. Outros poden reaccionar de forma desproporcionada cando se discute a súa opinión. A conversa escrita non transmite por enteiro os matices da conversa verbal, o que pode levar á interpretación incorrecta dos comentarios dun editor. Unha afirmación non cívica pode escalar unha conversa animada nunha rifa persoal lonxe da discusión obxectiva do problema orixinal. A resolución destas disputas deben facerse de forma cívica, é posible estar en desacordo sen chegar a ser desagradable.
 
Espérase que os editores sexan razoablemente [[Wikipedia:Normas de conduta|cooperativos]], [[Wikipedia:Non fagas ataques persoais|sen facer ataques persoais]], actuando de acordo coas [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas e normas]] e respondendo as preguntas [[Wikipedia:Asuma a boa fe|de boa fe]]. Cómpre ser especialmente amable e paciente cos [[Wikipedia:Non trabes os novatos|usuarios novos]] que contribúen de forma construtiva.
 
== Carencia de civismo ==
Liña 33:
* ''[[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos administradores]]''. O taboleiro está indicado para informar sobre incidentes graves de incivismo que precisen a intervención dos administradores.
 
=== Ameazas de violencia ===
As '''ameazas violentas''' contra outros ou contra si mesmo, incluíndo ameazas de morte en xeral e de suicidio en particular, deben reportarse de forma inmediata por correo electrónico á [[Fundación Wikimedia]] na dirección emergency@wikimedia.org. En caso de ameazas legais, ataques persoais intolerantes ou outros tipos de discurso de odio que requiran acción, use o [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos administradores]] para que eles revisen o caso e tomen as accións pertinentes.
 
Liña 46:
# Os usuarios deben recibir advertencias previas de forma clara na maioría de circunstancias antes de seren bloqueados, dándoselle tempo suficiente para que se retracten ou expliquen de forma axeitada. As excepcións a isto poden incluír aqueles usuarios que violen de forma clara a norma, fagan ameazas persoais ou xa teñan recibido advertencias múltiples anteriormente.
 
== Véxase tamén ==
* [[Wikimedia:Friendly space policy]] {{En}}
* [[Wikimedia:Non discrimination policy]] {{En}}
* [[Wikimedia:Terms of Use/gl|Wikimedia:Termos de uso]]
 
{{NavPolíticas}}