Wikipedia:Material ofensivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambios estética
Liña 4:
 
== Como tratar o material potencialmente ofensivo nos artigos ==
Dentro dos artigos, as vulgaridades ou obscenidades deben amosarse ou ben tal e coma son na súa totalidade e propósito educativo e informativo, ou ben non incluírse en absoluto. As alteracións ou modificacións para ''suavizar'' un contido potencialmente ofensivo non deben realizarse. As verbas ofensivas incluídas desta forma nunca deben censurarse substituíndo certas letras por símbolos de tipo "-" ou "*". Porén, nas citas textuais si é aceptable o uso de <nowiki>[</nowiki>[[sic|sic]]<nowiki>]</nowiki> para indicar a orixe de certas verbas ou vulgaridades.
 
As discusións sobre as inclusións de materiais visuais ou textuais explícitos ou potencialmente ofensivos poden tender a resultar conflitivas e deben tratarse con precaución. Coma en calquera outra conversa na Wikipedia, é importante manter o [[Wikipedia:Civismo|civismo]] e [[Wikipedia:Asuma a boa fe|asumir a boa fe]]. Etiquetar contido con termos do tipo "pornografía" ou respostas que indiquen intencións de "censura" tenden a axitar a propia conversa e desviala do seu obxectivo de acadar un [[Wikipedia:Consenso|consenso]].
Liña 10:
Non deben incluírse no propio artigo advertencias de contido que indiquen que os artigos poden conter material (visual ou textual) potencialmente ofensivo. Tódolos artigos están cubertos polos termos indicados no [[Wikipedia:Aviso de contido|Aviso de contido]].
 
== "Non censurada" non favorece especialmente ao contido ofensivo ==
A [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é#A Wikipedia non está censurada|Wikipedia non está censurada]], polo que os editores da mesma non deben eliminar material soamente por ser ofensivo, desagradable ou considerado non apropiado para certos lectores. Non obstante, isto non significa que a Wikipedia deba incluír material simplemente polo feito de ser ofensivo, nin que dito material se exclúa do resto de normas habituais en relación ao contido, coma por exemplo a [[Wikipedia:Punto de vista neutral|neutralidade]] e a [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]].
 
Liña 19:
Por exemplo, os editores que escollan imaxes para artigos coma [[corpo humano]] teñen miles de imaxes de corpos nus e partes corporais dispoñibles, pero adoitan escoller imaxes que amosan o corpo humano dunha forma non-emocional, en posicións anatómicas estándar e non-sexuais, por riba doutras imaxes que poden resultar máis ofensivas pero menos informativas. Seguindo este exemplo, as imaxes con connotacións máis sexuais non se favorecen simplemente por ser máis ofensivas, senón que se escolle a imaxe máis neutral e informativa posible, aínda que esa mesma imaxe tamén poida resultar ofensiva para determinados lectores.
 
== Notas ==
{{Listaref|group=n}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Wikipedia:Aviso de contido]]
 
{{NavPolíticas}}