Wikipedia:Nomes propios de persoas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Outros artigos: Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos
m Bot: Cambios estética
Liña 3:
{{Axuda de edición}}
Esta política de '''nomes propios de persoas''' son unhas directrices para elixir os títulos máis apropiados para dar nome ás páxinas sobre persoas e personaxes ficticios, literarios ou mitolóxicos.
== Regras xerais ==
* Os títulos dos artigos levan o formato de '''<nome> <apelido>''', polo que cómpre ter coidado cos nomes en linguas nas que o apelido vai diante. Outro formato común, previo á aparición dos apelidos, é o de '''<nome> de <lugar>'''.
::Exemplo: Empregamos [[László Kubala]] no canto de "Kubala László", aínda que en húngaro os apelidos colócanse antes do nome.
 
* Como regra xeral, '''úsase o nome máis común''', que non entre en conflito con outros nomes.
::Exemplos: [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] (non [[Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao]]); [[Bill Clinton]] (non [[William Jefferson Clinton]]); [[Tony Blair]] (non [[Anthony Charles Lynton Blair]]); [[Pelé]] (non [[Edson Arantes do Nascimento]]).
::Observación: Na introdución do artigo debe aparecer o nome real e completo e despois o alcume, no caso de telo. ''('''Edson Arantes do Nascimento''', mais coñecido como '''Pelé'''...)''.
 
* Tamén como regra xeral emprégase no título '''a forma adoptada pola [[RAG]]''' de a haber, aínda que entre en conflito con outras fontes galegas.
::Exemplo: [[Mahoma]] no canto de ''[[Mahomé]]'' (ver acepción de "mahometano" no dicionario).
::Observación: De haber outras formas tradicionais, deben aparecer na entradiña do artigo, debidamente referenciadas.
 
* No caso de haber varias formas lexítimas, na introdución do artigo deben aparecer todas, debidamente referenciadas.
::Exemplo: '''''[[Jules Verne]]''', coñecido tamén en galego como '''Xulio Verne''' [...] ''
 
== Nomes en alfabetos latinos que presentan dificultades na escrita ==
* Como regra, '''mantense o nome na súa grafía orixinal''' no caso dos nomes de persoas.
::Exemplos: [[Nadia Comăneci]], [[Johnny Weissmüller]], [[Antoine Jérôme Balard]], [[İlham Əliyev]].
::Observación: naqueles títulos nos que haxa caracteres que presenten dificultade para escribir cos teclados dos usuarios galegos, debe facerse unha redirección (''exemplos: [[Nadia Comaneci]] &rarr; [[Nadia Comăneci]], [[Ilham Aliyev]] &rarr; [[İlham Əliyev]]'')
 
== Nomes que se traducen ==
Os nomes de reis (e realeza en xeral), de papas (e dos eclesiásticos con tradición de traducilos), figuras históricas, divindades, personaxes mitolóxicos, personaxes literarios etc. adáptanse ao galego (exemplos: [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos I]], [[Carlos de Inglaterra]], [[Bieito XVI, Papa|Bieito XVI]], [[Focio I, patriarca de Constantinopla]], [[Xulio César]], [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]]).
* ''Convención:'' os '''membros da realeza, especialmente os monarcas, os emperadores, etc.''' tradúcense, e deben incluír no título a súa orixe xeográfica para o caso dos monarcas, e outros membros da realeza cando exista a tradición de indicala. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente. Os reis dalgún pobo normalmente non inclúen orixe pois non adoita ser necesario (cf. ''[[Alarico II]]''), mais este poderíase engadir se fora necesario (engadindo "dos Godos", "dos Francos", etc.). Finalmente, nalgúns casos ao nome segue o título, mais que o estado (cf. ''[[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico]]'').
::Exemplos: [[Xoán Carlos I]] &rarr; [[Xoán Carlos I de España]]; [[Guillerme de Cambridge]] no canto de ''"William Windsor"''; [[Xulio César]] no canto de ''"Iulius Caesar"''.
::Observación: Non se inclúe no título o seu cargo (Rei, Príncipe, etc.).
::Observación: De haber varios co mesmo nome, cómpre crear unha páxina de homónimos: [[Henrique II]].
* ''Convención:'' os '''eclesiásticos identificados só polo nome''', normalmente patriarcas e metropolitas, tradúcense, e deben incluír no título o seu cargo. Cómpre crear unha redirección entre o nome simple ou a páxina de homónimos correspondente
::Exemplos: [[Bieito XVI]] &rarr; [[Bieito XVI, papa]]; [[Focio I]] &rarr; [[Focio I, patriarca de Constantinopla]].
::Observación: Isto ocurre cos cregos que mudan o nome ao chegar a determinado cargo, e tamén pode ser necesario facelo de non coñecer os seus apelidos.
::Observación: Non se inclúe nos relixiosos os tratamentos de "Frei", "Sor" e similares ([[Frei Martín Sarmiento]] &rarr; [[Martín Sarmiento]]; [[Sor Lucía]] &rarr; [[Lucía dos Santos]])
::Observación: Algúns cambian o nome, mais conservan o apelido. Nestes casos tradúcese o nome, mais non o apelido (por exemplo: ''[[Narsés Pedro XIX Tarmouni]]'').
* ''Convención:'' as '''figuras históricas''' tradúcense de haber tradición de traducir o seu nome '''en galego'''
::Exemplos: [[Cristovo Colón]], [[Mahoma]] (e non "Muhammad"), [[Confucio]] (e non "Kǒng Fūzǐ").
::Contraexemplo: Non se traduce [[Fernão de Magalhães]], ao non haber tradición en galego.
::Observación: De haber varias formas en uso, escóllese a máis próxima ao nome orixinal.
* ''Convención:'' os '''santos''' tradúcense, especialmente aqueles con tradición de traducir o seu nome '''en galego'''.
::Exemplos: [[Xoán de Ávila]], [[Xoán Fisher]], [[Hilario de Poitiers]].
::Observación: Non se inclúe no título do artigo o seu título de santidade (San, Beato, etc.).
* ''Convención:'' os '''personaxes literarios e cinematográficos''' e os personaxes da '''literatura relixiosa (Biblia, [[Corán|Alcorán]], etc.)''' tradúcense no caso de existir unha adaptación ao galego.
::Exemplos: [[Bilbo Bulseiro]] no canto de "Bilbo Baggins"; [[Lobeto]] no canto de "Wolverine"; [[Moisés]] no canto de "Moshe".
* ''Convención:'' as '''divindades''' e '''personaxes mitolóxicos''' tradúcense no caso de existir unha tradición en galego.
::Exemplo: [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], [[Odín]].
::Observación: De non haber forma galega, cómpre empregar a forma na lingua orixinal, evitando formas adaptadas ao inglés ou a outras linguas.
 
== Nomes en alfabetos non latinos ==
Mantéñense os nomes de persoa escritos en alfabetos distintos ao galego ([[Alfabeto ruso|ruso]], chinés, [[alfabeto árabe|árabe]], xaponés etc.) facendo a [[transliteración]] correspondente de acordo a [[Wikipedia:Transliteracións]], que asigna a cada lingua unha transliteración preferente a empregar. Cómpre sinalar que hai idiomas, como o [[lingua tártara|tártaro]] e o [[lingua serbia|serbio]], que empregan dous alfabetos: neste caso, tómase a forma escrita en alfabeto latino.
:Observación: Para ver qué transliteración é empregada na Galipedia para cada idioma, véxase [[Wikipedia:Transliteracións]], derivación desta norma.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos]]
* [[Wikipedia:Restricións técnicas nos títulos]]
* [[Wikipedia:Libro de estilo]]
 
{{NavPolíticas}}