Wikipedia:Guerra de edicións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot: Cambios estética
Liña 3:
Debido a que calquera usuario, rexistrado ou non, ten a posibilidade de editar na Galipedia, algunhas veces prodúcese un fenómeno chamado '''guerra de edicións''', que consiste na modificación do texto dun determinado artigo por un ou máis usuarios, normalmente nuns lapsos de tempo moi curtos. Cada usuario involucrado revirte o artigo á súa propia "[[Punto de vista neutral|versión imparcial]]".
 
== Motivos ==
Os motivos poden ser moi variados; entre os máis comúns atópanse os seguintes:
 
* Falta dun acordo en relación á [[Wikipedia:Verificabilidade|veracidade]] dos datos do artigo.
* Intento denodado por introducir determinado texto, xa sexa este [[Wikipedia:Punto de vista neutral|non neutral]] ou con [[Wikipedia:Dereitos de autor|dereitos de autor]].
* Datos históricos non concluíntes con relación a un evento.
* Intentos de [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismo]] repetitivos. Isto ocorre na meirande parte das veces en páxinas relacionadas con relixión, personaxes políticas etc.
 
As consecuencias emocionais dunha guerra de edicións son as equivalentes a unha pelexa verbal ou física. Folga dicir que se debe evitar entrar nun conflito destas características.
 
== Que facer no caso de estar nunha guerra de edición? ==
* Sobre todo, manter a calma.
* Se o conflito de edición se desenvolve contra un vándalo, coloque o aviso no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo|Taboleiro dos administradores]] para que un [[Wikipedia:Administradores|administrador]] avalíe a situación e bloquee, se fose pertinente, o usuario correspondente.
* Se é un caso de '''non neutralidade''', ou sexa, que vostede '''NON''' está de acordo cos textos que se están trocando, '''evite facer máis reversións'''. Tódolos artigos posúen un apartado chamado ''historial'' que permite desfacer os cambios anteriores. Entón a páxina poderá ser revertida nun futuro, previo [[Wikipedia:Consenso|consenso]] e sen complicacións. Lembre que a Galipedia non é unha [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria|fonte primaria]] de información.
 
== A regra das tres reversións ==
{{Atallo|WP:R3R}}
A '''regra das tres reversións''' establece o seguinte:
Liña 28:
Unha "reversión" no contexto desta regra significa calquera edición (ou acción administrativa) que revirta as accións doutros editores, total ou parcialmente. Mesmo unha soa palabra.
 
=== Excepcións ===
As seguintes accións ''non'' se consideran reversións nas que se apliquen os termos desta regra das tres reversións:
 
Liña 45:
Cómpre lembrar que un administrador pode actuar en calquera momento, cando pense que o comportamento dun usuario constitúe unha guerra de edición. A regra '''non dá dereito''' a reverter unha páxina un número específico de veces. Catro reversións nun período maior que 24 horas non incumpre a regra das tres reversións, pero pode violar a regra xeral fronte á guerra de edicións por outros motivos.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Axuda:Conflito de edición]], un problema totalmente distinto, de tipo técnico.
 
{{NavPolíticas}}
 
[[Categoría:Axuda|Guerra de edicións]]
[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|Guerra de edicións]]