Queroseno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Máis retoques na bibliografía
Liña 12:
Arredor do ano 850 no [[Abbásida|califato abbásida]] empregábase unha lámpada de aceite refinado, ou queroseno, fabricado por destilación a partir do petróleo. No seu Kitab al-Asrar (Libro dos segredos), o médico e químico [[Al-Razí]] describe dous métodos para a produción de queroseno. O primeiro implica o uso de arxila como absorbente, mentres que o segundo usaba [[cloruro de amonio]] (sal de amoníaco).&nbsp; O proceso de destilación repetíase ata que o produto final era moi claro e seguro de acender, é dicir, que as fraccións de hidrocarburos volátiles xa foran eliminadas. Tamén se produciu queroseno nesa mesma época a partir de [[lousas bituminosas]] e [[asfalto]] quentando a rocha e destilando a seguir o extracto que se obtiña.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Bilkadi|nome=Zayn|data=1995|título=The Oil Weapons|urlarquivo=|url=http://archive.aramcoworld.com/issue/199501/the.oil.weapons.htm|PMC=|revista=Saudi Aramco World|número=46|páxinas=20-27|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref>
 
En 1846, o xeólogo [[canadense]] Abraham Gesner fixo en Charlottetown, capital da [[Illa do Príncipe Eduardo]], unha demostración pública dun novo proceso que acababa de descubrir. Quentábase o carbón nunha [[retorta |retorta]] e obtíñase como destilado un líquido claro e lixeiro que resultaba ser un excelente combustible para as lámpadas. Abraham púxolle ao produto o nome de "Kerosene", unha contracción de ''keroselaion'' (''cera de petróleo''). Por desgraza, o custo de extraer o queroseno a partir do carbón era elevado, pero Gesner recordou, grazas ao seu amplo coñecemento da xeoloxía de [[Novo Brunswick|Novo Brunswick,]] que existía un [[asfalto]] natural chamado [[albertita]] e que podería empregar. No entanto, o seu emprego foi bloqueado pola compañía New Brunswick Coal Conglomerate, que tiña os dereitos de extracción de carbón para toda a provincia, e contra a que perdeu unha demanda nos tribunais ao alegaren os peritos do Conglomerate que a [[albertita]] era en realidade unha forma de [[carbón]].<ref>{{Cita libro|título=Canadian Scientists and Inventors|apelidos=Black|nome=Harry|editorial=Pembroke Publishers Limited|ano=1997|ISBN=1551380811|ref=}}</ref> En 1854, Gesner trasladouse a Newton Creek, [[Long Island]] (EE. UU), onde acadou o apoio dun grupo de empresarios, que formaron a North American Gas Light Company, e á que lle cedeu as súas patentes.A pesar da súa evidente prioridade no descubrimento, Gesner non obtivo a súa primeira patente para o queroseno ata 1854, dous anos despois da patente norteamericana de James Young. O método Gesner de purificación destilación de produtos parece que era superior ao de Young, o que producía un combustible máis limpo e de mellor olor. A fabricación de queroseno segundo as patentes Gesner comezou en [[Nova York]] en 1854, e seguiu en [[Boston]], onde se destilaba a partir de [[hulla]] e de [[lousas bituminosas]].<ref>{{Cita libro|título=A Heritage of Light: Lamps and Lighting in the Early Canadian Home|apelidos=Russell|nome=Loris S.|editorial=University of Toronto Press|ano=2003|ISBN=0802037658|ref=}}</ref>
 
Ignacy Lukasiewicz, un farmacéutico polaco residente en [[Lvov|Lviv]], estivera experimentando o proceso de destilación do queroseno con diferentes técnicas, tratando de mellorar o proceso de Gesner e aproveitando filtracións locais de petróleo. Moita xente coñecía o seu traballo pero non lle prestaban moita atención. A noite do 31 de xullo de 1853, os médicos do hospital local precisaban realizar unha operación de emerxencia, algo case imposible só coa luz das candeas. Por iso enviouse un mensaxeiro para buscar a Lukasiewicz e as súas novas lámpadas. A lámpada ardía cunha luz tan brillante e limpa que o hospital encargou varias unidades ademais dunha gran cantidade de combustible. Lukasiewicz decatouse do potencial do seu traballo e deixou a farmacia para atopar un socio industrial, e viaxou a [[Viena]] para rexistrar a súa técnica diante do Goberno. En 1854 trasladouse á rexión de Gorlice ([[Polonia]]), mandou cavar varios pozos de petróleo no sur de Polonia, e en 1859 creou unha [[refinaría]] preto de Jasło.