Queroseno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Retoques á bibliografía
Liña 10:
 
== Historia ==
Arredor do ano 850 no [[Abbásida|califato abbásida]] empregábase unha lámpada de aceite refinado, ou queroseno, fabricado por destilación a partir do petróleo. No seu Kitab al-Asrar (Libro dos segredos), o médico e químico [[Al-Razí]]<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Bilkadi|nome=Zayn|data=1995|título=The Oil Weapons|urlarquivo=|url=http://archive.aramcoworld.com/issue/199501/the.oil.weapons.htm|PMC=|revista=Saudi Aramco World|número=46|páxinas=20-27|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref> describe dous métodos para a produción de queroseno. O primeiro implica o uso de arxila como absorbente, mentres que o segundo usaba [[cloruro de amonio]] (sal de amoníaco).&nbsp; O proceso de destilación repetíase ata que o produto final era moi claro e seguro de acender, é dicir, que as fraccións de hidrocarburos volátiles xa foran eliminadas. Tamén se produciu queroseno nesa mesma época a partir de [[lousas bituminosas]] e [[asfalto]] quentando a rocha e destilando a seguir o extracto que se obtiña.
 
En 1846, o xeólogo [[canadense]] Abraham Gesner fixo en Charlottetown, capital da [[Illa do Príncipe Eduardo]], unha demostración pública dun novo proceso que acababa de descubrir. Quentábase o carbón nunha [[retorta |retorta]] e obtíñase como destilado un líquido claro e lixeiro que resultaba ser un excelente combustible para as lámpadas. Abraham púxolle ao produto o nome de "Kerosene", unha contracción de ''keroselaion'' (''cera de petróleo''). Por desgraza, o custo de extraer o queroseno a partir do carbón era elevado, pero Gesner recordou, grazas ao seu amplo coñecemento da xeoloxía de [[Novo Brunswick|Novo Brunswick,]] que existía un [[asfalto]] natural chamado [[albertita]] e que podería empregar. No entanto, o seu emprego foi bloqueado pola compañía New Brunswick Coal Conglomerate, que tiña os dereitos de extracción de carbón para toda a provincia, e contra a que perdeu unha demanda nos tribunais ao alegaren os peritos do Conglomerate que a [[albertita]] era en realidade unha forma de [[carbón]]. En 1854, Gesner trasladouse a Newton Creek, [[Long Island]] (EE. UU), onde acadou o apoio dun grupo de empresarios, que formaron a North American Gas Light Company, e á que lle cedeu as súas patentes.A pesar da súa evidente prioridade no descubrimento, Gesner non obtivo a súa primeira patente para o queroseno ata 1854, dous anos despois da patente norteamericana de James Young. O método Gesner de purificación destilación de produtos parece que era superior ao de Young, o que producía un combustible máis limpo e de mellor olor. A fabricación de queroseno segundo as patentes Gesner comezou en [[Nova York]] en 1854, e seguiu en [[Boston]], onde se destilaba a partir de [[hulla]] e de [[lousas bituminosas]].
Liña 29:
 
=== Bibliografía ===
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Hidrocarburos]]