Queroseno: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Querosè" |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10:
== Historia ==
Arredor do ano 850 no [[Abbásida|califato abbásida]] empregábase unha lámpada de aceite refinado, ou queroseno, fabricado por destilación a partir do petróleo. No seu Kitab al-Asrar (Libro dos segredos), o médico e químico [[Al-Razí]] describe dous métodos para a produción de queroseno. O primeiro implica o uso de arxila como absorbente, mentres que o segundo usaba [[cloruro de amonio]] (sal de amoníaco).
En 1846, o xeólogo [[canadense]] Abraham Gesner fixo en Charlottetown, capital da [[Illa do Príncipe Eduardo]], unha demostración pública dun novo proceso que acababa de descubrir. Quentábase o carbón nunha [[retorta |retorta]] e obtíñase como destilado un líquido claro e lixeiro que resultaba ser un excelente combustible para as lámpadas. Abraham púxolle ao produto o nome de "Kerosene", unha contracción de ''keroselaion'' (''cera de petróleo'').
Ignacy Lukasiewicz, un farmacéutico polaco residente en [[Lvov|Lviv]], estivera experimentando o proceso de destilación do queroseno con diferentes técnicas, tratando de mellorar o proceso de Gesner e aproveitando filtracións locais de petróleo. Moita xente coñecía o seu traballo pero non lle prestaban moita atención. A noite do 31 de xullo de 1853, os médicos do hospital local precisaban realizar unha operación de emerxencia, algo case imposible só coa luz das candeas. Por iso enviouse un mensaxeiro para buscar a Lukasiewicz e as súas novas lámpadas. A lámpada ardía cunha luz tan brillante e limpa que o hospital encargou varias unidades ademais dunha gran cantidade de combustible. Lukasiewicz decatouse do potencial do seu traballo e deixou a farmacia para atopar un socio industrial, e viaxou a [[Viena]] para rexistrar a súa técnica diante do Goberno. En 1854 trasladouse á rexión de Gorlice ([[Polonia]]), mandou cavar varios pozos de petróleo no sur de Polonia, e en 1859 creou unha [[refinaría]]
Nos anos seguintes xeneralizouse a dispoñibilidade de queroseno barato; e esta foi a causa principal da abrupto declive da industria da [[caza de baleas]] durante o final do século XIX, xa que o aceita para lámpadas era o principal produto que esta industria comercializaba.
Liña 28:
Na [[Unión Europea]] establécese un imposto especial que grava o uso de todos os hidrocarburos (entre eles a [[gasolina]], o [[gasóleo]], o fuel, o metano e o propio queroseno).
[[Categoría:Hidrocarburos]]
|