Sardeña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
de Sicilia
Liña 99:
 
=== Idade Media ===
Comezando o [[Século VIII]], os [[Península de Arabia|árabes]] e [[bérber]]es realizaron varios ataques á Sardeña. Especialmente logo da conquista dade [[Sicilia]] en [[832]]. Os bizantinos non foron quen de defender este territorio, o máis afastado deste Imperio, polo que o gobernador local asumiu unha autoridade independente. Para mellor defensa, dividiu a illa en catro ''Giudicati'': [[Gallura]], [[Logudoro]], [[Arborea]] e [[Caralis]]. No ano [[900]] estes distritos tornáronse en catro monarquías constitucionais independentes, caendo por varias veces no poder de [[Xénova]], de [[Pisa]] ou mesmo do [[papa]]do.
 
No [[1323]], o [[Reino de Aragón]] comezou unha campaña para conquistar a Sardeña da man do infante [[Alfonso IV de Aragón|Afonso]], en alianza co reino, ou ''giudicato'', de Arborea. Este reino, máis tarde, tornariase o seu inimigo e, por un tempo, gobernou case a totalidade da illa con [[Eleonora di Arborea]], até que o último xuíz decidiu vender as terras remanentes por 100.000 florins de ouro. Os habitantes ligures nativos de [[Alghero]], cuxa cidade foi cedida polos reis de Arborea, foi repoboada polos invasores [[Cataluña|cataláns]], cuxos descendentes aínda hoxe falan [[lingua catalá|catalán]].