Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 128:
{{Artigo principal|Monarquías autoritarias}}
 
As [[monarquías autoritarias]] que acumulanbán o poder político que a nobreza tiña na Idade Media basean o seu poder nuns mecanismos como o [[exército]], constituído por [[mercenario]]s que o rei contrataba, aínda que en caso de [[guerra]] eran [[recruta]]dousdos os civís de xeito forzoso para a defensa do país. O fin das [[mesnada]]s medievais controladas pola nobreza dá a este estamento unha nova función, non de [[Goberno militar|poder militar]] senón económico e social, e a súa posición na [[Cortes (Antigo Réximen)|Corte]] xunto ao rei daralle a súa medida de [[poder político]].
 
Para o aumento do seu poder, na [[Baixa Idade Media]], as [[cidade]]s libres (illas no océano feudal) representaron un apoio para os reis contra os privilexiados. Delas obtén os recursos en forma de [[impostos]] das actividades mercantís, mentres que a maior parte da riqueza, as propiedades rurais dos privilexiados, non esta suxeita a imposición. Unha vez asentado o poder real, o rei procuraba restrinxir as funcións dos representantes das cidades, sexan [[burguesía]], [[Patricio|patriciado urbano]] ou como se lles queira cualificar. Case nunca convocaba ás [[Cortes (Antigo Réximen)|Cortes]] e, cando o facía, reservábase sempre o dereito de tomar a decisión final. As Cortes estaban constituídas por representantes dos tres estamentos (nobreza, clero e terceiro estado), pero no caso de [[Coroa de Castela|Castela]] (pois as dos reinos da [[coroa de Aragón]] reuníanse por separado) só se convocaba aos representantes das cidades, e para aprobar impostos. Cando as institucións representativas alcanzan protagonismo ([[Parlamento]] inglés no século XVII, [[Estados Xerais]] en 1789), o modelo rompese.