Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 134:
O titular da Coroa ten nas súas mans todos os [[Separación de poderes|poderes]] ([[Poder executivo|executivo]], [[lexislativo]] e [[Poder xudicial|xudicial]]), aínda que na práctica tiña que utilizar unha enorme [[burocracia]] e designaba uns representantes aos que encarga o goberno no seu nome, secretarios, [[Ministro (goberno)|ministros]] ou no caso español, un [[valido]].
 
A descontinuidade territorial e a confusión de xurisdicións era máis a norma que a excepción das entidades políticas, tanto estatais como infraestatais. As [[fronteira]]s eran cambiantes e inseguras, e había multitude de [[enclave]]s, [[exclave]]s, territorios de foro especial, e ata con [[soberanía]] compartida ([[Andorra]]) ou alterna ([[Illa dos Faisáns]], e [[facerías]] do Pireneo navarro). Cando Filipe II quiso facerse unha idea clara das súas posesións, non recorría aos mapas da biblioteca do [[Mosteiro do Escorial]], que lle mostrarían un confuso crebacabezas, senón ás [[Relacións Topográficas]] (un esforzo protoestadístico só comparable ao [[Catastro de Ensenada]] dous séculos posterior) ou ás vistas que encargou tomar a [[Anton Van der Wyngaerde]]. O soño das [[fronteiras naturais]] (a Francia do [[Río Rin|Rin]] aos [[Pireneos]] que retrospectivamente parece ona seusúa [[misión histórica]]) é máis unha idea do [[nacionalismo]] do século XIX, como o ''Manifest Destiny'' ([[destino manifesto]] {{gl}}) que levou Estados Unidos ao Pacífico.
 
{{Artigo principal|Monarquía absoluta}}