Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Manuel María Puga Parga 1911.jpg|miniatura|200px|Manuel María Puga Parga, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1911.]]
'''Manuel María Puga y Parga''', coñecido como '''Picadillo''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1874]] e falecido na [[A Coruña|Coruña]] o [[30 de setembro]] de [[1918]], foi un [[escritor]], [[Gastronomía de Galicia|gastrónomo]] e [[Política|político]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Luciano Puga Blanco]], naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o [[23 de abril]] de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
 
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Picadillo]].]]
Estudou dereito en [[Santiago de Compostela]] onde presentou a súa tese de grao "Fueros Nobiliaros" en [[1895]] e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a [[Galiza]] onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en [[Arteixo]]. Comezou a escribir no xornal ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en [[1913]] escribiu un artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
 
Liña 10 ⟶ 11:
Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o [[1 de xaneiro]] de [[1914]], e cando o alcalde [[Javier Ozores Pedrosa]] dimitiu, foi designado alcalde en outubro de [[1915]], aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu a ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés [[Eduardo Dato]] en xullo de [[1917]]. A súa actuación durante a folga xeral do [[13 de agosto]] de 1917 levouno a ser destituído na semana seguinte e a recibir unha homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.
 
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Picadillo]].]]
Escribiu numerosos libros de [[gastronomía]], incluíndo "''La cocina práctica''" en [[1905]], que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o [[bacallau]], as [[sardiña]]s e o [[lacón con grelos]] fronte ás copias da [[cociña francesa]] de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha [[caldeirada]] comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo: