Ernest Lawrence: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: enerxía nuclear
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 29:
A invención que lle reportou fama mundial partiu dun esbozo nun anaco de papel. Mentres estaba sentado na biblioteca unha tarde, Lawrence ollou un artigo e quedou intrigado ao ver un dos diagramas. A idea era producir as partículas de moi alta enerxía necesarias para a desintegración atómica mediante unha sucesión de "empuxóns" pequenos. Lawrence díxolles aos seus colegas que atopara un método para obter partículas de moi alta enerxía sen necesitar altas voltaxes.
 
[[Ficheiro:Cyclotron patent.png|300px|dereita|miniatura|Diagrama dunha operación de ciclotrón de Lawrence]]
 
O primeiro modelo de ciclotrón estaba feito de arame e cera, e probablemente custaba menos de 25$ en total. E funcionou: cando Lawrence aplicou 2.000 voltios de electricidade ao seu ciclotrón artesanal obtivo proxectís de 80.000 voltios. Mediante máquinas cada vez maiores, Lawrence foi capaz de proporcionar o equipamento necesario para os experimentos de física de altas enerxías. Ao redor deste dispositivo, Lawrence construíu o seu [[Lawrence Berkeley National Laboratory|laboratorio de radiación]], que sería un dos laboratorios máis avanzados no tocante á investigación en física. Recibiu a patente do ciclotrón en 1934, que concedeu á [[Research Corporation]]. En 1936 pasou a ser director do laboratorio de radiación da universidade, cargo que exercería ata a súa morte.
 
En novembro de 1939 Lawrence gañou o [[Premio Nobel de Física]] polo seu traballo no ciclotrón e as súas aplicacións. A cerimonia celebrouse en [[Berkeley, California|Berkeley]] debido á [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]]. Lawrence recibiu a súa medalla do Cónsul Xeral de [[Suecia]] en [[San Francisco]].
 
[[Ficheiro:Alpha 1 racetrack, Uranium 235 electromagnetic separation plant, Manhattan Project, Y-12 Oak Ridge.jpg|esquerda|miniatura|250px|Plantas de [[calutron]] xigantes desenvolvidas no laboratorio de Lawrence que se usaron no [[Oak Ridge National Laboratory]] durante a Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial para purificar uranio para o seu uso na primeira [[bomba atómica]].]]
 
Durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], Lawrence axudou en gran medida nas investigacións estadounidenses das armas nucleares. O seu laboratorio sería un dos centros principais para a investigación de armamento nuclear, e sería Lawrence o que introduciu a [[Oppenheimer]] no [[Proxecto Manhattan]].
 
Tras a guerra, Lawrence fixo campañas a favor das subvencións estatais aos grandes proxectos científicos. Lawrence era un forte defensor da "''Gran ciencia''", que necesita de grandes máquinas e moito diñeiro.