A Bela Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
Nada en [[Valga]], [[Pontevedra]], os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a [[Santiago de Compostela]]. Aos dez anos sofreu unha [[violación]] que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile ''Paco'' e foxen xuntos a [[Lisboa]], onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a [[Barcelona]] onde en [[1888]] un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en [[Francia]]. Foi con el até [[Marsella]], onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de [[Cádiz]]. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do [[Folies Bergère]] en [[París]] e ser unha das mulleres máis desexadas de [[Europa]].
 
A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da [[aristocracia]] europea: o Reirei [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII de Inglaterra]], o Tsartsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] e [[Gabriele d'Annunzio]].
 
Retirouse en [[1910]] e dilapidou a súa fortuna no Casino de [[Montecarlo]] para afundir paulatinamente na pobreza.