Egin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Engado enlaces internos
Viascos (conversa | contribucións)
Engado primeiras referencias
Liña 28:
}}
 
'<nowiki/>'''Egin''''' ("facer" en [[lingua éuscara|éuscaro]]), foi un [[xornal]] vasco de información xeral e cun criterio de edición próxima á ideoloxía da [[esquerda abertzale]], e de carácter bilingüe ao incluír artigos escritos en [[Lingua éuscara|éuscaro]] e [[castelán]]''<ref>{{Cita libro|título=La prensa diaria en el País Vasco|apelidos=Caminos Marcet|nome=Jose María|editorial=|ano=|ISBN=84-89077-54-1|ref=}}</ref>''. Era editado en Hernani por Orain S. a. —empresa que tamén dirixía a emisora de radio Egin Irratia— e distribuído principalmente no [[País Vasco]], [[Navarra]] e o [[País Vasco francés]].''
 
Durante anos diversos partidos políticos acusárono de estar ao servizo da organización terrorista [[ETA]] e foi marxinado economicamente polas institucións oficiais. Segundo algúns historiadores, o diario estaba controlado por [[Herri Batasuna]], que expulsou da redacción aos xornalistas afíns a [[Euskadiko Ezkerra]] durante a [[Transición española|transición]].<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Fernández Soldevilla|nome=Gaizka|data=2010|título=El compañero ausente y los aprendices de brujo: orígenes de Herri Batasuna (1974-1980)|PMC=|revista=Revista de estudios políticos|número=|páxinas=71-103|doi=|ISSN=0048-7694|PMID=|volume=148}}</ref>
 
Foi clausurado en [[1998]] por orde do xuíz [[Baltasar Garzón]]. Con todo, en [[2009]] os tribunais resolveron que a súa actividade era lícita, contrariamente á anterior resolución; pero, debido ao tempo transcorrido, non foi posible reabrir nin o xornal nin a radio. O medio que pasaría a ocupar o espectro de Egin foi o diario [[Gara]].
Liña 68:
Despois de máis dun ano, acabada a instrución do caso, a [[Audiencia Nacional]] rebaixou a acusación ao delito de colaboración con banda armada, o que facía inxustificado o peche. Para entón, Orain S.A. xa entrara en bancarrota, e o nicho de mercado de Egin fora cuberto polo novo diario [[Gara]], polo que nin o diario Egin nin o seu radio volveron porse en marcha.
 
[[Pepe Rei]] continuou o seu traballo na revista [[Ardi Beltza]], pero foi detido de novo en [[1999]] e en [[2001]]<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=EFE|nome=|data=3 de xullo de 2001|título=La Audiencia confirma el procesamiento de Pepe Rei por colaboración con ETA|PMC=|revista=El País|número=|páxinas=|doi=|ISSN=|PMID=|data-acceso=10 de xullo de 2017|volume=}}</ref>, e a revista foi pechada por orde xudicial.
 
Finalmente, o [[22 de maio]] de [[2009]], o [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]] deixou sen efecto «o pronunciamiento relativo á declaración de ilicitud das súas actividades e disolución das entidades Orain SA, Ardatza SA, Hernani Inprimategia, Publicidade Lema 2000, Erigane SL, MC Uralde SL, Untzorri Bidaiak Ganeko, Grupo Ugao SL (Cuba) e Gadusmar SL, así como o comiso e liquidación do seu patrimonio»