Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 25:
== Identidade do modelo ==
 
Moitos historiadores da arte acreditan que o modelo usado para a pintura pode ter sido a esposa de Francesco del Giocondo, un rico comerciante de seda de Florencia e unha figura prominente no goberno florentino. Esta opinión fundaméntase nunha indicación feita por Da Vinci durante os últimos anos deda súa vida, a propósito dun retrato ''dunha determinada señora florentina feita da vida ao pedido do magnífico [[Giuliano de' Medici]]''. O primeiro biógrafo de Da Vinci, [[Vasari]], tamén pintor, describe o retrato como sendo de Mona Lisa, esposa do cabaleiro florentino Francesco del Giocondoque. Porén, pouca cousa se sabe da súa vida e moito menos da historia da súa muller, [[Lisa Gherardini]], nacida en [[1479]]. Sábese que casaron en [[1495]], mais do feito non hai ningunha proba de que podería ter sido a señora dun Medici a muller que Da Vinci referenciou. O título alternativo ao traballo, ''La Gioconda'', aparece apenas por primeira vez nun texto escrito máis tarde, en [[1625]], que se refire ao traballo como un ''retrato dunha determinada Gioconda.'' Esta referencia non contradí nin sostén a hipótese de que o modelo sexa a muller de Giocondo, unha vez que en italiano ''gioconda'' pode significar unha muller alegre.
 
Lillian Schwartz, científico dos Laboratorios Bell, suxire que a ''Mona Lisa'' é na verdade un autorretrato de Leonardo. Esta teoría baséase no estudo da análise dixital das características faciais do rostro de Leonardo e os trazos do modelo. Comparando un autorretrato de Leonardo coa muller do cadro, verifícase que as características dos rostros aliñan perfectamente. Os críticos desta teoría suxiren que as similitudes son debidas ao feito de ambos os retratos teren sido pintados pola mesma persoa usando o mesmo estilo. A teoría de que a Mona Lisa é un autorretrato deféndese no libro ''[[O Código Da Vinci]]''.