Mona Lisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños​
m →‎Historia: arranxiños​
Liña 19:
A pintura foi traída da [[Italia]] para [[Francia]] polo propio Leonardo en [[1516]], cando foi convidado polo rei [[Francisco I de Francia]] para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en [[Fontainebleau]] e despois no [[Palacio de Versailles]]. Após a [[revolución francesa]], o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador [[Napoleón Bonaparte]] era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa [[Prusia]], a ''Mona Lisa'', xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.
 
O [[22 de agosto]] de [[1911]] a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés [[Guillaume Apollinaire]] foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o [[7 de setembro]]. [[Pablo Picasso]] foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados mais tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre [[Vincenzo Peruggia]], acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de [[Florencia]]. A ''Mona Lisa'' foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial|Primeiraprimeira]] e a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.
 
En [[1956]], a parte inferior da pintura foi severamente danada despois dun ataque con [[ácido]]. Varios meses mais tarde, a pintura foi novamente obxecto dun atentado, desta vez por un individuo que lle tirou unha pedra. Desde entón, o cadro encóntrase protexido por un vidro de seguridade. En [[1962]], a pintura foi emprestada aos [[Estados Unidos dade América|Estados Unidos]] e exhibida en [[Nova York]] e [[Washington D.C.|Washington]]. Antes desta viaxe, a pintura foi asegurada en cerca de 100 millóns de dólares americanos, o que lle mereceu unha mención no Guinness Book of Records como o obxecto mais valioso de sempre [http://www.guinnessworldrecords.com/gwr5/content_pages/record.asp?recordid=50934]. Este valor só foi sobrepasado recentemente ([[4 de maio]] polo cadro de Picasso ''Garçon à la pipe'' vendido por 104,1 millóns de dólares. A ''Mona Lisa'' saíu do Louvre unha vez máis, en [[1974]], nunha xira que incluíu [[Toquio]] e [[Moscova]].
 
== Identidade do modelo ==