Egin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
Engado imaxe
Viascos (conversa | contribucións)
Completo tradución da versión castelán
Liña 7:
| lema =
| imaxe = [[File:EGIN.png|thumb|EGIN]]
| tipo = PeriódicoPrensa diarioxeneralista
| formato = Tabloide
| logo =
Liña 15:
| data_de_creación = [[29 de setembro]] de [[1977]]
| data_de_disolución = [[15 de xullo]] de [[1998]]
| tipo = Prensa xeneralista
| ideoloxía = [[Esquerda abertzale]]
| língua = [[Idioma español|Castelan]] e [[euskera]]
Liña 41 ⟶ 40:
A suposta vinculación entre Egin, ETA e a esquerda abertzale levou a varias institucións públicas, na época dos pactos entre partidos para illar á esquerda abertzale, a marxinar economicamente a Egin e negarse a incluír publicidade institucional no diario, a diferenza do que facían con outros medios. Segundo Elkoro, Egin pasou momentos moi difíciles: «A partir de aí sempre andabamos pedindo», e segundo el, «deixouse de pagar á Seguridade Social, só a cota empresarial, non a laboral» e «non deixamos de pagar porque non quixésemos, senón porque non podiamos, pero sempre tivemos intención de facelo».
 
== CaracterísticasLiña editorial ==
 
''Egin'' era editado principalmente en [[lingua castelá]], pero con partes na lingua propia do [[País Vasco (rexión histórica)|País Vasco]]. Editábao Orain SA, cuxa sede se atopaba en [[Hernani]]. Orain tamén era a [[empresa]] propietaria da emisora de [[radio (medio de comunicación)|radio]] Egin Irratia, vinculada ao diario.
A última liña editorial de Egin expresaba un forte rexeitamento cara á violencia policial, as torturas a detidos ou o terrorismo de Estado, mentres se solidarizaba cos acusados de kale borroka ou de pertenza a ETA.
 
Á parte da afinidade ideolóxica de gran parte dos seus contidos coa esquerda abertzale, Egin adoitaba ser o primeiro medio de información en recibir os comunicados de ETA. Durante a etapa de Pepe Rei como redactor xefe, o seu equipo investigou certos casos de corrupción política, económica e policial ─como o «caso GAL», que saíu á luz pública tras as investigacións do xornalista Pedro J. Ramírez para o Diario 16─, así como a actividade de certos grupos de extrema dereita.
 
Egin foi tamén un dos impulsores, nas súas páxinas de cultura, do chamado Rock Radical Vasco (RRV) nos anos 1980.
 
== O proceso xudicial de peche ==
 
A policía española investigou durante anos as relacións entre Egin e ETA, incluíndo a procedencia de anuncios publicados en Egin que supostamente se utilizaban para enviar saúdos e mensaxes a presos acusados ou condenados por terrorismo. Segundo as investigacións da Garda Civil, Egin realizaba labores de «difusión ideolóxica», e de comunicación interna dos seus militantes. Nun informe deste corpo, mesmo se consideraba que ETA podía elixir en 1992 a un novos director e subdirectora de Egin. Con todo, ao ser citado a xuízo como perito un axente autor do informe recoñeceu que non podía afirmalo.
 
En 1994 a Ertzaintza (policía autonómica vasca) rexistrou a sede de Egin. Ese mesmo ano acháronse coincidencias entre os ficheiros das investigacións do equipo de Pepe Rei e a información sobre obxectivos incautada a ETA. En agosto, Pepe Rei foi detido por orde do xuíz Carlos Bueren, pero resultou absolto en 1997.
 
Na madrugada do 15 de xullo de 1998, o xuíz Baltasar Garzón ordenou o peche cautelar do xornal e a emisora de radio, así como o arresto de varios responsables de Orain S.A., aos que acusou de integración en banda armada. Todos os detidos foron postos en réxime de incomunicación en virtude da lexislación antiterrorista. Na súa instrución, o xuíz consideraba que a empresa estaba supeditada a ETA.
 
=== Reaccións á clausura ===
 
O día do peche de Egin, o entón presidente do goberno español Jose María Aznar atopábase de visita oficial en Turquía e, cando nunha rolda de prensa un xornalista preguntoulle sobre o ocorrido, respondeu: «Crían vostedes que non nos iamos a atrever?». O que foi criticado polo estamento xudicial pola súa falta de respecto á separación de poderes.
 
En febreiro de 1999, o xuíz Garzón prorrogou seis meses máis a clausura e, concluído ese novo prazo, no mes de agosto de 1999, autorizou a reapertura do xornal e da emisora de radio clausurados, por considerar «practicamente desaparecida» a actividade de ETA. Pero o 18 de outubro, o administrador xudicial ratificou que o grupo editor de Egin era inviable economicamente e non podía facer fronte ás súas débedas. No momento do peche decretado por Garzón, Egin vendía 52.311 exemplares diarios, segundo OJD, contaba con 210 traballadores e dispuña dunha sede central en Hernani e delegacións en Vitoria, Pamplona e Bilbao.
 
O peche de Egin provocou diversas protestas, especialmente entre a esquerda abertzale, como a plataforma Hitz egin ('Fala'), título á súa vez dunha canción do grupo de rock vasco Negu Gorriak. A mañá seguinte ao peche do xornal saíu á venda na súa substitución o diario Euskadi Información, que deixou de editarse á vez que comezou a súa andaina Gara.
 
=== Sentencias xudiciais ===
 
Despois de máis dun ano, acabada a instrución do caso, a Audiencia Nacional rebaixou a acusación ao delito de colaboración con banda armada, o que facía inxustificado o peche. Para entón, Orain S.A. xa entrara en bancarrota, e o nicho de mercado de Egin fora cuberto polo novo diario Gara, polo que nin o diario Egin nin o seu radio volveron porse en marcha.
 
Pepe Rei continuou o seu traballo na revista Ardi Beltza, pero foi detido de novo en 1999 e en 2001, e a revista foi pechada por orde xudicial.
 
Finalmente, o 22 de maio de 2009, o Tribunal Supremo deixou sen efecto «o pronunciamiento relativo á declaración de ilicitud das súas actividades e disolución das entidades Orain SA, Ardatza SA, Hernani Inprimategia, Publicidade Lema 2000, Erigane SL, MC Uralde SL, Untzorri Bidaiak Ganeko, Grupo Ugao SL (Cuba) e Gadusmar SL, así como o comiso e liquidación do seu patrimonio»
 
O exdirector de Egin, Xabier Salutregi, foi condenado a doce anos de prisión por integración en organización terrorista en calidade de dirixente; a subdirectora, Teresa Toda, foi condenada a dez anos de prisión.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
*[[Ardi Beltza]]
*[[Gara]]
 
{{Control de autoridades}}