Abraham de Moivre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Engado modelo
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 56:
 
== Probabilidade ==
De Moivre foi un pioneiro do desenvolvemento da [[xeometría analítica]] e a [[teoría da probabilidade]] expandindo a obra dos seus predecesores, particularmente [[Christiaan Huygens]] e varios membros da [[familia Bernoulli]]. Escribiu un segundo libro de texto sobre probabilidade, ''[[The Doctrine of Chances|The Doctrine of Chances: a method of calculating the probabilities of events in play]]''.<ref>O primeiro libro sobre xogos de azar foi ''Liber de ludo aleae'', escrito por [[Girolamo Cardano]] na década de 1560, mais non publicado ata 1663.</ref> Este libro tivo catro edicións, en latín en 1711 e en inglés en 1718, 1738 e 1756. Nas últimas edicións, de Moivre incluíu un resultado inédito de 1733, que é a primeira achega á [[distribución binomial]] en termos do que se coñece na actualidade como [[distribución normal]].<ref>Véxase:
* Abraham De Moivre (12 de novembro de 1733) "Approximatio ad summam terminorum binomii (a+b)<sup>n</sup> in seriem expansi", 7 páxinas.
* Tradución ao inglés: A. De Moivre, ''The Doctrine of Chances'' … , 2.ª ed. (Londres, Inglaterra: H. Woodfall, 1738), [https://books.google.com/books?id=PII_AAAAcAAJ&pg=PA235#v=onepage&q&f=false pp. 235-243].</ref> Este foi o primeiro método de atopar a probabilidade de que ocorra un erro dun tamaño dado cando se expresa en función da variabilidade da distribución, e a primeira identificación do cálculo do [[erro probable]]. Ademais, aplicou estas teorías a problemas sobre apostas e táboas de [[actuario (matemáticas)|actuarios]].