Glenn Miller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de es.wiki; bibliografía de en.wiki
Liña 24:
'''Alton Glenn Miller''' ([[1 de marzo]] de [[1904]] - [[15 de decembro]] de [[1944]]) foi un [[música|músico]] de [[jazz]] [[Estados Unidos de América|americano]] da época do [[Swing (música)|Swing]]. Unha das súas cancións máis coñecidas, e probablemente a más coñecida do xénero, foi '''In the Mood''', traducida normalmente como ''En forma'' ou ''De bo humor''.
 
== Traxectoria ==
{{Control de autoridades}}
=== Inicios ===
[[Ficheiro:GlennMillerBustBedford.JPG|miniatura|230px|Busto de Glenn Miller en Bedford.]]
Nado da relación entre Elmer Miller e Mattie Lou Cavender, iniciouse na música cando o seu pai lle regalou unha [[mandolina]], que logo cambiou por unha [[corneta]], primeiro instrumento de vento que tocou. Nesa época a familia Miller vivía en [[Tryon]], [[Nebraska]]. Pasou a súa infancia en [[Nebraska]] e [[Oklahoma]] ata que a familia se instalou definitivamente en [[Colorado]], onde aos doce anos abandonou a corneta para comezar a estudar a técnica do [[trombón]] e a tocalo na banda do seu colexio. Sendo estudante universitario, Miller realizou audicións e tocaba sempre que se lle presentaba a oportunidade. Ao descoidar os seus estudos e suspender en tres dos seus seis cursos decidiu abandonar a universidade, dedicándose por completo á música.<ref>[http://www.exordio.com/1939-1945/personajes/miller.html La Segunda Guerra Mundial: Glenn Miller]</ref> Converteuse en trombón profesional e uniuse á banda do célebre batería [[Ben Pollack]], nunha xira por [[California]]. Nesa banda o clarinete era o que sería "rei do swing" [[Benny Goodman]].
 
En 1927 a orquestra chegou a [[Nova York]] e Miller decidiu deixala para tocar pola súa conta en clubs, programas de radio e espectáculos musicais, ata o ano 1932. En 1935, [[Ray Noble]], director de orquestra británico, encargoulle organizar unha banda de swing e durante dous anos alternou a dirección da orquestra coas actuacións en pequenos locais. En 1938, tras varios intentos frustrados decidiu formar a súa propia "Big Band", sendo o seu primeiro grande éxito foi "Moonlight Serenade". Esta canción é unha das máis reproducidas de toda a historia dos Estados Unidos e está considerada como a máis representativa de Miller e como unha das máis importantes da historia musical dese país. Un contrato no casino de Glen Island en [[New Rochelle]], en [[Estado de Nova York|Nova York]], abriulle as portas a unha carreira triunfal que se mantivo ata o final da súa vida. Ao mesmo tempo que a orquestra triunfaba nas salas de baile, a banda adquiriu unha enorme popularidade nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] debido á emisión das súas actuacións nun programa de radio que era transmitido de costa a costa no país, e que estaba patrocinado pola marca de cigarros "Chesterfield".
{{curto de máis|data=xuño de 2017}}
 
=== Éxito ===
En 1937 Miller formou unha segunda banda, que conseguiu rapidamente o éxito de público, que enchía os seus concertos, e que deu lugar a unha serie de gravacións para as multinacionais discográficas [[RCA Victor]] e [[HMV|His Master's Voice]]. Dende xuño de 1938 Miller ocupou os primeiros postos de varias listaxes de música popular, e mantívose así máis dun ano. A principios de 1940 a canción "In the Mood" estivo no número un quince semanas consecutivas, e seguiuna "Tuxedo Junction", que mantivo a Miller no número un ata o verán. O 11 de febreiro de 1941, Miller obtivo o primeiro [[disco de ouro]] por "Chattanooga Choo Choo".
 
En 1942, durante a [[segunda guerra mundial]], alistouse nas Forzas Aéreas, onde recibiu o rango de [[capitán]] e onde se encargou de tocar para as tropas estadounidenses desprazadas a [[Europa]].
 
=== Falecemento ===
Trala liberación de [[París]] a Miller encargóuselle realizar unha xira de seis semanas alí e noutras cidades europeas en poder dos [[aliados]]. Miller, que acababa de ser ascendido a [[maior]], pasou a noite discutindo cun amigo os seus plans de formar unha banda na posguerra e logo retirarse a un terreo que comprara en [[California]].<ref>[http://www.redam.com.mx/grc/homepage.nsf/main?readform&url=/grc/redam.nsf/vwALL/MLOZ-6BFVBR En las redes del tiempo: Glenn Miller]</ref>
 
O día siguiente, 15 de decembro de [[1944]], partiu nun avión monomotor dende o [[aeródromo]] de [[Twinwood]], a 50 millas ao norte de [[Londres]], en dirección a París. O piloto da nave tamén se dirixía á cidade, na que estaba a punto de ser sometido a unha corte marcial por acusacións de traficar no [[mercado negro]]. Os informes indican que había un terceiro pasaxeiro no voo.<ref>[http://www.forosegundaguerra.com/viewtopic.php?p=37724 La muerte de Glenn Miller: ¿una conspiración de asesinato?]</ref>
 
O avión desapareceu, mais como nunca se atoparon os cadáveres de Miller nin dos seus acompañantes, creáronse lendas que o supuñan vivo. En 1985 o investigador Clive Ward descubriu un ''Noorduyn Norseman'', similar ao avión en que viaxou Miller preto da costa norte de [[Francia]] mais non puido verificarse a existencia de restos humanos no seu interior.
 
A pesar da desaparición do músico, a banda continuou as súas actividades baixo a dirección de Jerry Gray ata o 13 de novembro de 1945, cando fixo a súa última presentación ante o presidente [[Harry Truman]], en [[Washington D. C.|Washington]]. O maior Glenn Miller foi o único membro da banda que non sobreviviu á guerra.
 
== Discografía ==
En 1991 a discográfica [[RCA Records|RCA]] puxo á venda unha colección de 13 [[disco compacto|CD]] con todos os temas gravados para esa firma. A compilación contaba cun total de 286 títulos.
 
== Cinema ==
En 1953 [[Anthony Mann]] rodou o [[biopic|filme biográfico]] "The Glenn Miller Story", en que [[James Stewart]] interpretaba a Glenn Miller.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*{{Cite book|title=The Good Life|last=Bennett|first=Tony|year=1998|publisher=Pocket Books|location=Nova York|isbn=0-671-02469-8|url=https://books.google.com/?id=ucteAAAACAAJ}}
*{{Cite book|title=Next to a Letter from Home|last=Butcher|first=Geoffrey|year=1997|location=North Pomfret, Vt|publisher=Trafalgar Square|isbn=0-7515-1078-5|url=https://books.google.com/?id=DdJbHAAACAAJ}} Chattanooga Choo Choo-The Life and Times of the World Famous Glenn Miller Orchestra by Richard Grudens 2004 {{ISBN|1-57579-277-X}}
*{{Cite book|title=The Song Is You|last=Friedwald|first=Will|year=1997|publisher=Da Capo Press |location=Nova York|isbn=0-306-80742-4|url=https://books.google.com/?id=T3GW0qNfJ-MC&dq=will+friedwald+the+song+is+you}}
*{{Cite book|title=Moonlight Serenade: a bio-discography of the Glenn Miller Civilian Band|last=Flower|first=John|year=1972|publisher=Arlington House|location=New Rochelle, NY|isbn=0-87000-161-2|url=https://books.google.com/?id=ucteAAAACAAJ}}
*{{Cite book|last=Miller|first=Glenn|year=1943|title=Glenn Miller's Method for Orchestral Arranging|location=Nova York|publisher=Mutual Music Society}} ASIN: B0007DMEDQ
*{{Cite book|last=Miller|first=Glenn|year=1927|title=Glenn Miller's 125 Jazz Breaks For Trombone|location=Chicago|publisher=Melrose Brothers Music Company}}
*{{Cite book|last=Miller|first=Glenn|year=1939|title=Feist All-Star Series of Modern Rhythm Choruses Arranged By Glenn Miller For Trombone|location=Nova York|publisher=Leo J. Feist, Inc}}
*{{Cite book|title=Glenn Miller and His Orchestra|last=Simon|first=George Thomas|authorlink=George T. Simon|year=1980|publisher=Da Capo paperback|location=Nova York|isbn=0-306-80129-9|url=https://books.google.com/?id=DvLC5_RJS0MC}}
*{{Cite book|title=Simon Says|last=Simon|first=George Thomas|authorlink=George T. Simon|year=1971|publisher=Galahad|location=Nova York|isbn=0-88365-001-0|url=https://books.google.com/?id=xiwYAQAAIAAJ&q=Simon+Says+The+Sights+and+Sounds&dq=Simon+Says+The+Sights+and+Sounds}}
*{{Cite book|title=The Swing Era: The Development of Jazz, 1930–1945. Volume 2|last=Schuller|first=Gunther|year=1991|location=Nova York|publisher=Oxford University Press|isbn=0-19-507140-9|url=https://books.google.com/?id=Zc4Lh9KC2MIC&printsec=frontcover&dq=swing+era+the+development+of+jazz#v=onepage&q&f=false}}
*{{Cite book|title=Lost Chords|last=Sudhalter|first=Richard|year=1999|location=Nova York|publisher=Oxford University Press|isbn=0-19-514838-X|url=https://books.google.com/?id=rqckHQAACAAJ&dq=white+chords}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://sistemas.fciencias.unam.mx/aar/musicalia/Big%20bands/Big%20bands_archivos/frame.htm Big band]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Miller, Glenn}}