Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Imperio Novo de Exipto
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
{{Historia do Exipto}}
O '''Antigoantigo Exipto''' foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do [[Val do Nilo|curso medio e baixo do río Nilo]], nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de [[Exipto]] e o norte de [[Sudán]]. A civilización constituíse cara a [[IV milenio a. C.|3150]] [[a.C.]]<ref>Só despois de o [[-664|664]] [[a.C.]] son datas seguras. Para máis detalles véxase [[cronoloxía exipcia]]. {{Cita web|url=http://www.digitalegypt.ucl.ac.uk/chronology/index.html|título=Chronology|dataacceso=25-03-2008|editor=Digital Egypt for Universities, University College London|lingua=inglés}}</ref> coa unificación do [[Alto Exipto|Alto]] e [[Baixo Exipto]] baixo o [[Narmer|primeiro faraón]] e persistiu durante os seguintes tres milenios<ref>[[#Dodson04|Dodson]] (2004) páx. 46</ref> ata a época [[Imperio Romano|romana]].
 
Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos [[semitas]] procedentes da [[rexión de Siria]] e [[Palestina]], [[Libia|libios]] vindos do oeste e individuos de [[Nubia]], que descenderon Nilo abaixo.
Liña 15:
 
== Marco xeográfico ==
[[Ficheiro:Ancient_Egypt.png|miniatura|275px|Mapa do Antigoantigo Exipto]]
Principalmente, Exipto sitúase dende o [[Delta fluvial|delta]] no norte seguindo o val do [[río Nilo]] ata a Primeira Catarata ([[Asuán]]), na Baixa [[Nubia]], aínda que as fronteiras variaron constantemente ao longo de trinta e tres séculos. Tan só 60 quilómetros de ancho e 1200 quilómetros de longo constituían este val de terras fértiles rodeado en gran parte polo [[deserto do Sáhara]]. [[Exipto]] é un oasis no medio dos [[deserto de Libia|desertos de Libia]] e [[deserto de Arabia|Arabia]]. As inundacións periódicas do Nilo fecundan as terras exipcias. Distínguense en Exipto tres rexións, de sur a norte:
 
Liña 24:
== Cronoloxía ==
 
A obtención dunha cronoloxía exacta do Antigoantigo Exipto é unha tarefa complexa. Existen diversos criterios de datación entre [[exiptólogo]]s, con diverxencias dalgúns anos nos últimos períodos, de décadas ao principio do Imperio Novo e de case un século durante o Imperio Antigo (véxase: [[Cronoloxía do Antigoantigo Exipto]]).
 
O primeiro problema xorde polo feito de que os exipcios non utilizaron un sistema de datación homoxéneo: non tiñan un concepto dunha era similar ao [[Anno Domini]], ou o costume de nomear os anos, como en [[Mesopotamia]] (véxase [[Limmu]]). Databan con referencia aos reinados dos diversos faraóns, solapando posiblemente os interregnos e as épocas de [[correxencia]]. Un problema engadido xorde ao comparar as distintas [[Listas Reais de Exipto|Listas Reais]] de [[faraón]]s, pois están incompletas ou con datos contraditorios, ata no mesmo texto. As obras do mellor historiador sobre Exipto, [[Manetón]], perdéronse e só as coñecemos a través de [[epítome]]s de escritores posteriores como [[Flavio Xosefo]], [[Eusebio de Cesarea]], [[Sexto Xulio Africano]] ou o monxe [[Xurxo Sincelo]]. Desafortunadamente as datas dalgúns reinados varían dun a outro autor.
Liña 45:
# [[Período Saíta]]: con capital en [[Sai]], dinastías da XXI á XXVI.
 
Logo viñeron a dominación [[Persia|persa]], a [[Grecia|helénica]] de [[Alexandre o Grande]] que instalou aos [[Tolomeos]] (considerados [[faraón]]s), e a conquista [[roma]]na. Déixase de falar de Antigoantigo Exipto coa súa inclusión no [[Imperio Romano de Oriente]].
 
{{Artigo principal|Historia do Exipto Antigo}}
Liña 60:
 
=== Período predinástico ===
{{Artigo principal|Período pre-dinásticopredinástico}}
Entre o 5500 e o 3100 a. C., durante o período pre-dinástico, os asentamentos pequenos, pequenas tribos, prosperaron ao longo do val do Nilo e desenvolveran unhas series de culturas únicas manifestando control firme da agricultura e da [[gandería]] e así mesmo identificables pola súa cerámica e obxectos persoais únicos, como peitees, pulseiras, e colares. No 3300&nbsp;a.&nbsp;C., momentos antes da [[Primeira Dinastía de Exipto|primeira dinastía]], Exipto estaba dividido en dous reinos, coñecidos como [[Alto Exipto]] (''Ta Shemau'') e [[Baixo Exipto]] (''Ta Mehu'').<ref>{{cita libro|autor=Adkins, L. and Adkins, R.|título=The Little Book of Egyptian Hieroglyphics|ano=2001|isbn =0-340-79485-2|editor = Londres: Hodder and Stoughton}}</ref> (A fronteira entre ambos situabase na actual zona do [[O Cairo|Cairo]], ao sur do [[delta do Nilo]].) A primeira destas culturas, a Omari, estableceuse no [[Baixo Exipto]] no norte de [[Helwan]], e a Merimdé ao oeste do [[Delta do Nilo]] e nos bordos da costa setentrional do [[Lago Moeris]] sito na rexión do [[Faium]]. No [[neolítico]] os Omari, e especialmente os do Faium, fixéronse notar polos avanzados utensilios de pedra que modelaron durante a [[industria lítica]] prehistórica de Exipto.<ref>Hayes (1964) pàg. 220</ref><ref>Midant-Reynes (2000) pàg. 106</ref> O Faium atopábase na intersección de tres rutas: a do [[Val do Nilo]] mesmo, a do [[Sahara]] oriental e a do [[Oriente Medio|Oriente Próximo]], deste xeito dispoñía da características dos tres. A Merimdé era unha das máis grandes comunidades setentrionais, comparable en extensión a estrutura do [[Nekhen]] predinástico. Ademais da súa tecnoloxía lítica, a súa cultura caracterizábase por formas sofisticadas de vasos e aneis e culleres de cerámica, así como polas mazas de pedra que se fixeron populares cara ao final da historia exipcia.<ref>Hayes (1964) páx. 230</ref>
 
Moitos séculos máis tarde, as culturas predinasticas meridionais empezáronse a establecer. Eran contemporáneos dos asentos predinásticos tardíos do Exipto setentrional, como [[Maadi]], [[Buto]] e [[Heliópolis]]<ref>Midant-Reynes (2000) páx. 210–19</ref> A primeira comunidade meridional, os [[Cultura badariana|Badari]], coñecíase pola súa cerámica de alta calidade, utensilios de pedra, e o seu uso do cobre.<ref>{{cita web| url = http://www.digitalegypt.ucl.ac.uk/badari/info.html| título = La Civilització Badari|dataacceso= 2008-03-09| editor = Digital Egypt for Universities, University College London|lingua=inglés}}</ref> As sepulturas badaris, simples furados con signos de estratificación social, suxire que a cultura estaba caendo baixo o control de líderes máis poderosos.<ref>Shaw (2002) pàg. 39</ref> No norte, a cerámica maadiana era un desenvolvemento local, feita de [[arxila]] do Nilo e ocasionalmente decorada con paxaros e'' [[serekh]]'' sostendo os primeiros [[Nome de Horus|nomes de Horus]]. Mentres Maadi era como un centro comercial, o contacto entre o Alto e o Baixo Exipto neste punto non era significativo; as relacións comerciais con [[Palestina]] e [[Sumer]], con todo, estaban fortemente aseguradas.<ref>Midant-Reynes (2000) pàg. 211</ref> Maadi tamén era a principal fonte de barcos de basalto, cuxa distribución estaba máis difundida no sur despois de que o Exipto setentrional caese baixo o control dos lexisladores do Alto Exipto.<ref>Mallory-Greenough (2002), pág. 84</ref>
Liña 105:
O último gran lexislador do Imperio Medio, [[Amenemhat III]], deixou entrar colonos asiáticos dentro da rexión do delta para prover unha forza de traballo suficiente para as súas campañas especialmente activas de minería e construción. Estas ambiciosas actividades de construción e minería, xunto coas inadecuadas [[Enchente do Nilo|inundacións do Nilo]] no seu reinado, esgotaron a economía e precipitaron o lento declive no Segundo Período Intermedio durante as seguintes dinastías, a 13ª e 14ª dinastías. Durante este declive, os poboadores asiáticos estranxeiros comezaron a apoderarse da rexión do delta, posteriormente dominantes dentro de Exipto, como foi o caso dos [[hicsos]].<ref>Shaw (2002) pàg. 188</ref>
 
=== Segundo Períodoperíodo intermedio e os hicsos ===
{{Artigo principal|Segundo Período Intermedio}}
[[Ficheiro:Ancient Egypt old and middle kingdom-es.svg|miniatura|Antigo Exipto, o Imperio Medio e os hicsos.]]
Liña 130:
A riqueza de Exipto, con todo, converteuse nun obxectivo tentador para a invasión; en particular, para os libios bérberes do oeste e os [[Pobos do Mar]], que formaban parte da poderosa confederación de piratas gregos do [[mar Exeo]]. Inicialmente, o exército foi capaz de repeler as invasións, pero Exipto terminou por perder o control dos seus territorios no sur de Siria e Palestina, que en gran parte caeron en poder dos asirios e os hititas. O impacto das ameazas externas viuse agravada por problemas internos como a corrupción, o roubo das tumbas reais e os disturbios civís. Logo de recuperar o seu poder, os sumos sacerdotes do [[templo de Amón]] en Tebas acumularan vastas extensións de terra e de riqueza, debilitando ao estado. O país terminou dividido, dando inicio ao [[Terceiro Período Intermedio]].
 
=== Terceiro Períodoperíodo intermedio ===
{{Artigo principal|Terceiro Período Intermedio}}
Comeza coa instauración de dúas dinastías de orixe [[Libia|libio]] que se repartiron Exipto: unha, desde [[Tanis]], a bíblica Zoán, no [[Baixo Exipto]], e outra, cuxos reis tomaron o título de [[Sumo sacerdote de Amón|Sumossumos sacerdotes de Amón]], desde [[Tebas, Exipto|Tebas]]. O período termina coa dominación dos reis [[Nubia|cushitas]]. Son as dinastías, parcialmente coetáneas, XXI a XXV.
[[Ficheiro:Egypte louvre 043 sphinx.jpg|miniatura|220px|[[Apries]]. Período Tardío.]]
=== Período tardío (c. 656 - 332&nbsp;a.&nbsp;C.) ===
Liña 152:
=== Dominación islámica ===
[[Ficheiro:Mohammad adil-Muslim conquest of Egypt-pt.svg|miniatura|Ruta seguida polos exércitos [[árabes]] durante a [[conquista musulmá de Exipto]] no ano 641]]
Despois de que o Imperio romano fora repartido o ano 395 en [[Imperio Romano de Occidente|Occidente]] e [[Imperio Bizantino|Oriente]], este último pasou aos seus sucesores, os [[Imperio bizantino|bizantinos]], e permaneceu nas súas mans ata a conquista polo [[Árabes|pobo árabe]] no ano [[641]]. Os últimos vestixios da tradicional cultura do Antigoantigo Exipto finalizan definitivamente a comezos do [[século VI]], cos últimos sacerdotes de [[Isis]], que oficiaban o templo da illa de [[Filae]], ao proscribirse o culto aos "deuses pagáns". [[Exipto]] caeu baixo o dominio dos gobernadores árabes durante a [[expansión do Islam]] no [[século VII]]. Ás portas do [[século VIII]], o [[califa]] [[Abd al-Malik (Califa Omeia)|Abd-al-Malik]] decretou que o [[lingua árabe|árabe]] substituiría o [[lingua grega|grego]] e o [[copto]] como lingua administrativa exclusiva. O copto literario declinou gradualmente ata o punto de que, ao cabo duns cantos séculos, o bispo exipcio [[Severus Ibn al-Muqaffa]] atopou necesario escribir a súa '' Historia dos patriarcas '' en [[lingua árabe|árabe]]. Con todo, eclesiásticamente, a lingua retivo a súa importante posición, e moitos textos [[haxiografía|haxiográficos]] tamén se compuxeron durante este período. Ata o século X, o copto permaneceu a lingua falada da poboación nativa fora da capital.
 
As violentas persecucións dos [[mameluco]]s guiaron a un declive máis grande do copto, ata que se entregou o [[árabe exipcio]] nalgún momento do [[século XVII]], e desde entón puido sobrevivir en lugares illados por un tempo máis. Na segunda metade do [[século XIX]], o papa [[Cirilo IV de Alexandría]] comezou un movemento nacional eclesiástico para revivir a lingua copta. Publicáronse varios traballos de gramática, xunto co dicionario máis comprensible que se fixo ata entón. Os achados universitarios no campo da [[exiptoloxía]] e a inauguración da [[Instituto de Estudos Coptos]] contribuíron máis adiante no renacemento. Os esforzos para resucitar a lingua seguen emprendendo, tanto dentro como [[Partido Exipcio Liberal|fora]] da Igrexa, e atraeron o interese tanto dos [[copto]]s como de árabes en Exipto.
Liña 159:
Os Antigos Exipcios foron o resultado dunha mestura das varias poboacións que se fixaron no Exipto ao longo dos tempos, oriúndas do nordeste africano, da [[África Negra]] e da área semítica.
 
[[Ficheiro:1867 Edward Poynter - Israel in Egypt.jpg|miniatura|Representación do [[Hebreos|pobo hebreo]] no Antigoantigo Exipto por [[Edward Poynter]] ([[1867]]).]]
 
A cuestión relativa á [[etnia]] dos antigos Exipcios é por veces xeradora de controversia, aínda que á luz dos últimos coñecementos da [[ciencia]] falar de razas humanas revélase un [[anacronismo]]. Até mediados do [[século XX]], por influencia dunha visión [[eurocentrismo|eurocéntrica]], considerábase os antigos Exipcios practicamente como brancos; a partir dos [[Década de 1950|anos 1950]] do [[século XX]] as teorías do "afro-centrismo", segundo as cales os Exipcios eran negros, afirmáronse nalgúns círculos.<ref>[http://www.digitalegypt.ucl.ac.uk/social/race.html The Question of Race in ancient Egypt], Dygital Egypt for Universities</ref> Importa tamén referir que as representacións artísticas son frecuentemente idealizacións que non permiten retirar conclusións neste dominio.
Liña 165:
Os Exipcios tiñan consciencia da súa alteridade: nas representacións artísticas dos túmulos os habitantes do val do Nilo aparecen con roupas de [[liño]] branco, en canto que os seus veciños libios e semitas con roupas de [[la]].
 
A lingua dos Exipcios (hoxe unha lingua morta) é un ramo da familia das [[linguas afro-asiáticas]] (camito-semíticas). Esta lingua é coñecida grazas á descuberta e descifrado da [[Pedra Rosetta]], onde se encontra inscrito un decreto de [[Tolomeo V de Exipto|Tolomeo V Epifanio]] (205-180 a.C.) en dúas linguas (exipcio e grego) e en tres escritas (caracteres [[xeróglifo|xeroglíficos]], escrita [[Exipcio demótico|demótica]] e [[alfabeto grego]]). En [[1822]] o francés [[Jean-François Champollion]] [[Desciframento dos xeroglifos exipcios|descifrou]] a escrita xeroglífica e a demótica que se encontraban na pedra, permitindo así o acceso aos textos do Antigoantigo Exipto e o comezo da [[Exiptoloxía]].
 
O número de habitantes do Antigoantigo Exipto oscilou segundo as épocas. Durante o [[período predinástico]] (4500-3000 a.C.) a poboación rondaría os centenas de milleiros; durante o [[Imperio Antigo de Exipto|Imperio Antigo]] (século XVII a XII a.C.) situaríase nos dous millóns, atinxindo os catro millóns por altura do [[Imperio Novo]]. Cando o Exipto se tornou unha [[Exipto (provincia romana)|provincia romana]] a poboación debeu ser cerca de sete millóns. Esta poboación habitaba nas terras agrícolas situadas nas marxes do [[Nilo]], sendo escasas as poboacións que vivían no deserto. Ao contrario das civilizacións da [[Mesopotamia]], o Antigoantigo Exipto non desenvolveu unha importante rede urbana.
 
== Notas ==