Pobo muskogee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo lingua
Liña 14:
Os muskogee son descendentes dos pobos da [[cultura do Mississippi]], que construíron [[construtures de montículos|montículos]] nas distintas [[sociedade de xefatura|xefaturas]] rexionais localizadas ó longo do val do [[río Mississippi]] e os seus afluentes. Os primeiros [[Colonización española de América|exploradores españois]] encontráronse cos devanceiros dos muskogee cando visitaron as xefaturas da cultura do Mississippi a mediados do [[século XVI]].<ref name=William_williams_antecedents>{{Cita libro | apelido = Walter | nome = Williams | título = Southeastern Indians: Since the Removal Era | ano = 1979 | editorial = University of Georgia Press | localización = Athens, Xeorxia | páxinas = 7–10}}</ref>
 
Os muskogee foron os primeiros [[amerindio|nativos americanos]] en ser considerados "civilizados" baixo o plan de [[George Washington]]. No século XIX, os muskogee eran coñecidos como unha das "[[cinco tribos civilizadas]]", xa que integraran numerosas prácticas culturais e tecnolóxicas traídas polos europeos. Influenciados polas interpretacións proféticas do [[Gran Cometa de 1811|cometa de 1811]] e un [[terremoto]], as vilas altas dos muskogee, apoiados polo líder [[pobo shawnee|shawnee]] [[Tecumseh]], comezaron a resistir ós europeos americanos. As divisións internas coas vilas baixas que deveron na [[guerra creek]], (1813–1814) e provocaron unha guerra civil entre as nacións muskogee. As bandas creek do norte loitaron na [[guerra de 1812]] contra os Estados Unidos, mentres que as bandas creek do sur permaneceron aliadas ós Estados Unidos. O xeneral [[Andrew Jackson]] viu a oportunidade de empregar esta rebelión como unha excusa para loitar contra tódolos creek unha vez que o alzamento dos creek do norte foi sufocado coa axuda dos creek do sur. O resultado foi o debilitamento da nación creek e a cesión forzada de terras ós Estados Unidos. Durante o [[Deportación dos indios dos Estados Unidos de América|deportación de indios]] da década de 1830, moitos muskogee foron obrigados a trasladaretrasladarse ó [[territorio indio]].
 
== Notas ==