Chocolate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Orixe: arranxiño
Liña 41:
 
De acordo á [[mitoloxía maia]], [[Kukulkán]] deulle o cacao aos maias logo da creación da humanidade, feita de millo (Ixim) pola deusa Xmucané.<ref>(Bogin 1997, Coe 1996, Montejo 1999, Tedlock 1985)</ref> Os maias celebraban un festival anual en abril, para honrar ao deus do cacao, ''[[Ek Chuah]]'', un evento que incluía sacrificios de cans e outros animais con marcas pintadas de chocolate, ofrendas de cacao, plumas, [[incenso]] e intercambio de agasallos.
* Séculos logo dos [[Civilización maia|maias]], os mexicas (''[[aztecas]]'') continuaron o gusto polo ''chocolha'' maia. Sábese que o emperador [[Moctezuma I|Moctezuma]] gustaba de beber unha cunca deste diluído en auga. Unha lenda di en México que o mesmo deus [[Quetzalcóatl]] (case equivalente ao Kukulkán maia) en tempos ancestrais deupuxo aos homes nas súas mans as primeiras sementes de cacao. Era un alimento moi común entre os [[mexicas]] e [[Civilización maia|maias]]. A súa preparación efectuábase do seguinte xeito: as sementes eran primeiro torradas e logo trituradas para facer unha pasta que despois se mesturaba con auga. Esta mestura quentábase ata que a manteiga ou graxa do cacao subía á superficie. Quitábaselle a espuma e logo volvíase a mesturar -segundo certas proporcións- coa bebida; finalmente batíase enerxicamente para formar un líquido cunha espuma consistente que se bebía frío. A esta preparación de base engadianselle -segundo o gusto- diferentes ingredientes, como [[Capsicum|chile]], [[achiote]], [[vainilla]] e [[mel]] como doce e [[fariña de millo]] como emulsionante básico para absorber a manteiga de cacao. O resultado era unha bebida sumamente enerxética pero tamén moi amarga e picante.
* Na rexión de Mesoamérica en México, as sementes de cacao eran tan apreciadas polos aztecas que eran usadas como moeda corrente para o comercio da época.
[[Ficheiro:Carrer Petritxol xocolata.jpg|miniatura|250px|dereita|Escena dunha chocolatería na rúa Petritxol de Barcelona]]O cacao tamén era utilizado como moeda nas culturas prehispánicas xa que era un dos produtos que se utilizaban para pagar o tributo ao "tlatohani".