Johann Joachim Becher: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios using AWB
→‎Traxectoria: arranxiño
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Seu pai, pastor da [[Igrexa Luteranaluterana|luterano]], morreu mentres el era neno, deixando á súa nai viúva con tres nenos. Becher tivo que se dedicar a procurar sustento para a súa familia, traballando nos máis variados oficios desde os trece anos e estudando polas noites. En [[1654]], ós dezanove anos, publicou unha edición do ''Tractatus de lapide trismegisto'' de Salzthal. En [[1600]] publicou ''Metallurgia'', nos anos seguintes seguiron ''Character pro notitia linguarum universali'', na que establecía un corpus de 10.000 palabras que se podían usar como [[lingua universal]]. En [[1663]] publicou ''Oedipum Chemicum'' e un libro sobre animais, plantas e minerais (''Thier- Kräuter- und Bergbuch'').
 
Foi profesor de medicina da [[Universidade de Mainz]] desde [[1657]] e médico persoal do arcebispo-elector. Como economista cameralista, obtivo do [[emperador Leopoldo I]] a creación do Consello de Comercio de [[Viena]], e mesmo proxectou a creación dunha Compañía Oriental de Comercio, pero o sitio de Viena en [[1683]] fíxoo imposible. Nunha misión que lle encomendara o emperador nos [[Países Baixos]] escribiu en dez días ''Methodus Didactica'', ó que lle seguiu ''Regeln der Christlichen Bundesgenossenschaft'' e ''Politischer Discurs von den eigentlichen Ursachen des Auf- und Abnehmens der Städte, Länder und Republiken''. En [[1669]] publicou ''Physica subterranea''.