Diferenzas entre revisións de «Google»

*estudi- > estud-. / *¿
(*estudi- > estud-. / *¿)
[[Ficheiro:Google España.jpg|miniatura|300px|Oficina de Google España]]
 
[[Sergei Brin]] e [[Larry Page]] fundaron o buscador Google en 1998. Brin e Page eran estudiantesestudantes de informática en [[Stanford]] cando se coñeceron en 1995 e decidiron escribir xuntos a súa tese doutoral. A tal tese versaba sobre os algoritmos para optimizar as buscas na, xa entón, selvática Internet. Miles de millóns de páxinas web, imaxes e arquivos alagaban os servidores de Internet. Parecía entón imposible poñer un pouco de orde en semellante barafunda. O algoritmo que propuxeron Brin e Page, coñecido como ''BackRub'' consistía basicamente en rastrexar as ligazóns das páxinas cara atrás para medir a súa importancia dentro da rede de redes. En 1998 publicaron un artigo especializado no que propugnaban o método ''PageRank'' que refinaba non só a busca senón a valoración relativa de cada páxina web en Internet.
 
Xa daquela ''BackRub'' era moi coñecido no campus de Stanford e moitos estudiantesestudantes conectábanse ós servidores implementados por Brin e Page para consultar a súa base de datos. Pero, en 1998, aquel servidor estaba na habitación que Larry Page tiña no colexio maior. Quedaba aínda un pouco para que nacese Google.
 
== O nacemento de Google ==
Cando un usuario realiza unha consulta, esta é recibida por un dos 1.000 servidores que traballan para Google. Este servidor encarga a un dos millares de ordenadores de Google buscar nas bases de datos. Unha vez obtida a resposta destes ordenadores, o resultado remítese a unha computadora que se encarga de ordenar o resultado en función do ranking asignado a cada páxina. A través dos servidores envíase este resultado ordenado ó usuario que fixo a consulta.
 
== ¿Como se financia Google? ==
 
Google é actualmente un buscador gratuíto. Os seus fundadores pretenden que siga séndoo no futuro. Non obstante, Google demostrou que é posible manter un servizo gratuíto para os internautas e facer negocio.
 
A publicidade é o principal ingreso da empresa. A clave da eficacia de Google como ferramenta publicitaria radica na súa concepción. Xeralmente, a publicidade non é ben recibida polo usuario pois non garda relación cos seus intereses. En Google a publicidade depende da consulta que está a facer o usuario de modo que, segundo algúns estudiosestudos, un 15% dos anuncios en Google son "pinchados" polos internautas (fronte ó 1,5% de media en Internet)
 
Google ofrece a posibilidade de ligar un anuncio cunha palabra buscada. Isto coñécese como ''AdWords''. Os anunciantes poxan por cada palabra e aquel que sobe máis consegue vencellar a súa publicidade coas buscas. Así asegúrase que cada vez que alguén busque unha determinada palabra apareza o seu anuncio.
23.425

edicións