Puberdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 12:
A [[hormona]] dominante no desenvolvemento feminino é o [[estradiol]], un [[estróxeno]]. Mentres o estradiol promove o crecemento de [[mama]]s e do [[útero]], é tamén a principal hormona condutora do crecemento pubertal e da maduración [[epífise|epifiseal]].<ref>cita xornal |author=MacGillivray MH, Morishima A, Conte F, Grumbach M, Smith EP |title=Pediatric endocrinology update: an overview. The essential roles of estrogens in pubertal growth, epiphyseal fusion and bone turnover: lessons from mutations in the xenes for aromatase and the estrogen receptor |journal=Horm. Res. |volume=49 Suppl 1 |issue= |pages=2?8 |year=1998 |pmid=9554463 |doi=</ref> Os niveis de estradiol soben máis cedo ou quedan máis tempo nas mulleres que nos homes <ref>[http://web.archive.org/web/20040428084050/http://www.esoterix.com/files/expected_values.pdf levels].</ref>.
 
* '''===Crecemento do pelo púbico'''===
O [[pelo púbico]] é polo xeral a segunda manifestación da puberdade. Tamén é denominada [[pubarquia]], e os pelos poden verse por primeira vez ao redor dos [[Vaxina|labios]] maiores. Aproximadamente nun 15% das nenas o pelo púbico aparece aínda antes de que os seos empecen a desenvolverse.
 
* '''===Cambios na [[vaxina]], no [[útero]], e nos [[ovarios]]'''===
A [[membrana mucosa]] da vaxina tamén cambia en resposta dos niveis ascendentes de estróxenos, engordando e adquirindo unha cor rosácea <ref>Gordon (2005), p. 151</ref>. Tamén as características secrecións abrancazadas son un efecto normal dos estróxenos.
 
* '''===Inicio da menstruación e fertilidade'''===
O primeiro sangrado [[menstruación|menstrual]], tamén coñecido como [[menarquia]] aparece ao redor dos 10 aos 16 anos como media. Os períodos menstruais ao comezo case nunca son regulares e mensuais durante os primeiros anos <ref name="Marshall1867">Marshall (1986), p. 186–7</ref>. A [[ovulación]] é necesaria para a fertilidade e pode ou non presentarse nos primeiros ciclos.
 
* '''===Cambio na forma pélvica, redistribución da graxa e composición corporal'''===
Durante este período, tamén en resposta aos niveis ascendentes de estróxeno, a metade inferior da [[pelve]] ensánchase (provendo un [[canle de nacemento]] máis ancho). Os [[Tecido adiposo|tecidos adiposos]] aumentan a unha maior porcentaxe da composición corporal que nos homes, especialmente na distribución típica nas mulleres das [[mama]]s <ref name="Marshall187">Marshall (1986), p. 187</ref>, cadeiras e coxas. Isto produce a forma corporal típica da [[muller]] <ref name="Marshall188">Marshall (1986), p. 188</ref>.
 
* '''===Crecemento do pelo facial e corporal'''===
Nos anos e meses posteriores á aparición do pelo púbico <ref>cite journal |author=Tanner JM, Davies PS |title=Clinical longitudinal standards for height and height velocity for North American children |journal=J. Pediatr. |volume=107 |issue=3 |pages=317?29 |year=1985 |pmid=3875704 |doi=</ref> outras áreas da pel desenvolven pelo máis denso aproximadamente na secuencia seguinte: pelo axilar, pelo perianal, pelo encima dos beizos e pelo periareolar. Pelo estimulado principalmente polos estróxenos e completado polos andróxenos.
 
* '''===Aumento de estatura'''===
O crecemento é inducido polos estróxenos e comeza aproximadamente ao mesmo tempo que os primeiros cambios nos seos, ou ata uns cantos meses antes, facéndoo unha das primeiras manifestacións da puberdade nas nenas. O crecemento das pernas e os pés acelérase primeiro. A taxa de crecemento tende a alcanzar a súa velocidade máxima (tanto como 7,5-10 centímetros anuais).
 
* '''===Cheiro corporal, cambios na pel e acne'''===
Niveis ascendentes de [[andróxeno]]s poden cambiar a composición de [[ácido graxo|ácidos graxos]] da [[transpiración corporal|transpiración]], resultando nun [[cheiro corporal]] máis "adulto". Isto a miúdo ocorre un ou máis anos antes que a [[telarquia]] e a [[pubarquia]]. Outro efecto inducido polos andróxenos é o aumento na secreción de aceite ([[graxa|sebo]]) na pel e cantidades variables de [[acne]]. Este cambio incrementa a susceptibilidade ao acne, que é un trazo característico da puberdade, variando en severidade.