Diferenzas entre revisións de «Puberdade»

[[Ficheiro:Malepuberty.jpg|miniatura|250px|Desenvolvemento androxénico do cabelo no corpo masculino]]
 
* '''===Desenvolvemento da musculatura'''===
Formación do corpo de adulto.
 
* '''===Crecemento dos testículos'''===
O crecemento dos [[testículo]]s é unha das primeiras características polas cales un neno pódese dar conta de que está entrando na puberdade xa que estes aumentan de tamaño <ref>Marshall (1986), p. ?</ref><ref name=lee02>{{cite journal |author=Lee PA, Reiter EO |title=Genital size: a common adolescent male concern |journal=Adolescent medicine (Philadelphia, Pa.) |volume=13 |issue=1 |pages=171–80, viii |year=2002 |pmid=11841963}}</ref>.
 
* '''===Pelo púbico nos nenos'''===
O [[pelo púbico]] adoita ser de entre as primeiras cousas que ocorren cando un neno alcanzou a puberdade. Aparece primeiramente ao redor da base do pene cunha cor clara, ata facerse máis grosos e rizados; tamén a súa cor faise máis escura e van nacendo máis e máis ata que cobren os xenitais.
 
* '''===Pelo corporal'''===
O eixe hipotálamo-hipófise-adrenal é o primeiro eixe que se ve afectado na puberdade. Empézanse a xerar hormonas tales como a [[androstenediona]] e [[dihidrotestosterona]] (DHT) ao redor dos 7/8 anos. Esta actividade elevada do eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal coñecida como "[[adrenarquia]]" dá lugar á aparición do pelo púbico, pelo axilar, pelo facial ([[barba]] e [[bigote]]), pelo nas pernas e brazos, unha liña de pelo que se estende desde a [[pube]] ata o [[embigo]], e no peito entre outras zonas.
 
* '''===Emisión nocturna'''===
Durante o súa puberdade e adolescencia, o neno pode ou non experimentar a súa primeira [[emisión nocturna]], tamén coñecida como ''soño húmido'' ou polución nocturna. Normalmente é unha expulsión de [[seme]], realizada cando o neno dorme e ten soños frecuentemente asociados con [[sexo]] ou simplemente polo rozamento do pene coa roupa. Desde ese momento o púber pode fecundar un óvulo.
 
* '''===Crecemento do pene'''===
Como se viu antes no púber o primeiro cambio que ocorreu foi o crecemento dos testículos antes que o [[pene]] <ref name=jonessmiths>{{Cita libro |author=Jones, Kenneth W. |title=Smith's Recognizable Patterns of Human Malformation |publisher=Elsevier Saunders |location=St. Louis, Mo |year=2006 |pages= |isbn=0-7216-0615-6}}</ref>. Aínda que 14-15&nbsp;[[Centímetro|cm]] é posiblemente unha talla media de adultos, varía moito na poboación normal.<ref>Marshall (1986), p. 180</ref>
 
* '''===Engrosamento da voz'''===
Cando un adolescente está na etapa do desenvolvemento físico, dase o crecemento da [[larinxe]] e as súas cordas vocais tórnanse máis grosas de maneira que a voz da persoa quede grosa e masculina. Este crecemento vai por períodos e pode ser que ó principio lle saian os chamados "gallos" ó falar, logo a voz vaise tornando máis grave e vese que no colo comeza a sair a [[noz de Adán]].
 
* '''===Cheiro corporal'''===
Alcanzada a puberdade, o neno comeza a expulsar cheiros característicos, especialmente tralo exercicio físico. A expulsión de [[suor]] por parte das [[glándula sudorípara|glándulas sudoríparas]] aumenta na puberdade, o cal convértese, aínda que non decisivamente, nun factor importante que contribúe ao [[cheiro]] corporal. Este cheiro adoita cualificarse como desagradable e a súa intensidade pode variar de persoa a persoa e de momento en momento.
 
* '''===Crecemento en estatura'''===
O neno que alcanzou a puberdade entra nun novo proceso de crecemento en estatura dunha duración maior ao das nenas. Este proceso de crecemento usualmente dura ata os 19 anos de idade en homes, 16 en mulleres. Porén, o crecemento de talla pode observarse ata os 20 anos.
 
92.815

edicións